menú

Historia tráenos a ‘La guerrera vikinga’

10/06/2020
Blog R

Os viquingos eran un pobo de grandes guerreiros. Pero pouco ou nada sabemos sobre a posible participación das mulleres nas contendas. Na televisión R temos información que seguramente descoñeces… Queres saber máis?

En 1878, achouse na localidade sueca de Birka o que se cría era o corpo dun gran guerreiro viquingo.

Durante moitos anos, o interese por este descubrimento foi case inexistente pero en 2017 chegou a sorpresa: unha análise de ADN mostrou que o gran guerreiro non era un home, senón unha muller.

Quen é a primeira e única guerreira viquinga coñecida?

Dende este momento, as preguntas sucédense: efectuouse debidamente a análise? Os resultados foron os correctos? E a maior incógnita: quen é e que historia se esconde detrás desta muller.

O documental ‘La guerrera vikinga’ conta cos mellores investigadores e arqueólogos. A través das súas averiguacións, reviviremos a emocionante investigación sobre a única guerreira viquinga coñecida ata a data. Apúntaste?

‘La guerrera vikinga’ estréase en Historia o martes 16 de xuño ás 22:00 h. Queres coñecela?

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.