menú

Historia estrea “Estación Apolo”

17/07/2019
Blog R

Historia estrea a súa nova serie de produción propia, “Estación Apolo”, o domingo 21 de xullo ás 22:00 h. Descobre na televisión R a apaixonante e pouco coñecida historia de como España participou na chegada á Lúa.

En 1964, a NASA deu luz verde á construción dunha estación espacial no noso país dedicada ás misións lunares. Levantouse en Fresnedillas de la Oliva, un pequeno municipio madrileño que subsistía grazas á gandería. O documental conta como a irrupción da carreira espacial puxo patas para arriba a vida tranquila dos veciños desta localidade.

Na chamada Estación Apolo, un pequeno grupo de españois, ás ordes de persoal americano, converteríanse en testemuñas privilexiadas da chegada á Lúa. Eles foron os responsables das comunicacións entre a Terra e o Apolo 11 e tamén foron os primeiros en oír as famosas palabras de Neil Armstrong: “The Eagle has landed”. Esta é a súa descoñecida historia.

Como ver “Estación Apolo” en R

Podes ver esta serie documental se tes contratada a opción tv familia. Apunta o dial.

  • Galicia: dial 52
  • León e Cantabria: dial 50

Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.