menú

Historia estrea ‘¡A las armas!’

19/07/2018
Blog R

Historia (dial 52) estrea a serie ‘¡A las armas!’ el domingo 22 de xullo ás 22:00 h.

A serie mostraranos dunha maneira nunca antes vista a evolución da tecnoloxía armamentística ao longo da Historia. Seguindo unha orde cronolóxica, cada episodio tratará sobre tres armas decisivas.

Algúns dos expertos na materia máis recoñecidos do mundo analizarán os segredos das armas dende un enfoque totalmente práctico. Estes experimentos ilustrarán como as armas, deseñadas para protexer e danar á humanidade, cambiaron o curso da Historia, dirixiron o destino humano, promoveron a innovación e aceleraron o progreso do home.

‘Armas de largo alcance’, ‘Ataques desde el aire’, ‘Combate cuerpo a cuerpo’ y ‘Armas para todos’ son os títulos dos episodios que veremos durante o mes de xullo.

‘Armas de largo alcance’

As armas de longo alcance garanten aos guerreiros unha probabilidade de supervivencia moito maior. A lanza romana, co seu deseño enxeñoso, deshabilitaba ao inimigo de forma eficaz. O arco longo inglés converteu a Inglaterra nunha das superpotencias medievais máis temidas. E a facilidade de uso da bala Minié contribuíu a que as batallas fosen aínda máis sanguentas.

‘Ataques desde el aire’

A guerra alcanza unha nova dimensión coa introdución do ataque aéreo. Na antigüidade, os porteiros asediaban con devastadoras frechas incendiarias. Moito antes de que se inventase o aeroplano, na Idade Media, xa había líderes militares que deseñaban foguetes. E, dende a I Guerra Mundial, os bombardeos convertéronse na táctica bélica máis estendida e tamén na máis perversa.

‘Combate cuerpo a cuerpo’

A loita corpo a corpo é probablemente a forma de combate máis auténtica. Mediante probas sorprendentes, expertos na materia medirán o impacto físico e psicolóxico das tres armas máis significativas neste tipo de pelexa: por unha banda, a espada curta romana e o martelo de guerra medieval, destinados a provocar o maior dano posible, e, por outro, a bayoneta, cuxo poderío residía no seu efecto disuasorio.

‘Armas para todos’

As armas deseñadas para que calquera poida utilizalas son unha vantaxe decisiva na guerra. Expertos internacionais na materia proban as tres máis relevantes que poden aprender a manexarse con rapidez. A ballesta transformou aos campesiños en guerreiros. A pica é fácil de usar, pero require valentía. E o Kalashnikov, debido á súa curiosa simplicidade, está considerado unha das armas máis mortíferas.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.