menú

‘Harlots: Cortesanas’ volve a COSMO

12/09/2018
Blog R

O pracer ten un prezo, polo menos no Londres do século XVIII. COSMO (dial 25) estrea o martes 18 de setembro, ás 22:00 h, a segunda tempada de ‘Harlots: Cortesanas’.

Poder, pracer e sufrimento. A segunda tempada deste drama consta de oito capítulos e móstranos con gran realismo a vida das mulleres que se dedican ao lucrativo negocio do sexo. Margaret Wells e Lydia Quigley son as donas de dous bordeis que compiten por captar a unha numerosa e variada clientela da que era unha das actividades comerciais máis prolíficas da época.

A acción sitúase xusto despois de finalizar os impactantes feitos da primeira tempada. A rivalidade entre bordeis seguirá sendo o eixo principal dos novos capítulos, aínda que agora haberá un novo inimigo a combater, un personaxe que terá un papel determinante nas tramas.

‘El Justiciero’, en nome da moral

Trátase de Josiah Hunt, coñecido como ‘El Justiciero’, papel interpretado polo actor Sebastian Armero. De moral intachable, é un xuíz que está convencido de que ten como misión ‘limpar’ as rúas de Covent Garden. Para el, as ‘harlots’ son sinónimo de vicio e prostitución e serán perseguidas e castigadas con todo o peso da lei.

O xuíz, inmune aos subornos, aplicará a normativa de forma rigorosa, ata o punto de que chegará a deter e encarcerar a Lydia Quigley. O seu bordel nunca foi un lugar no que as mozas fosen felices xa que as mantén encerradas. Que consecuencias provocará o seu arresto?

Doutra banda, os seus clientes son moi poderosos e forman parte da elite da época. Verase comprometida a súa posición?

A súa detención supón unha grande oportunidade para as rivais de Lydia, que aproveitarán a situación. Charlotte, que está a traballar no bordel de Lydia e aparentemente mantén unha moi boa relación coa madame, non deixa de ser a filla de Margaret, así que as súas lealdades son postas a proba. Pero a solidariedade gremial imponse e entre todas buscarán o diñeiro necesario para sacar a Lydia do cárcere. Conseguirano?

Doutra banda, Violet foi detida, acusada de roubo e deberá cumprir unha terrible sentenza. As mozas loitarán para salvala.

Liv Tyler, nova incorporación

A popular actriz e modelo estadounidense Liv Tyler, coñecida principalmente polo seu papel na adaptación cinematográfica da saga ‘El señor de los anillos’, interpreta a Lady Isabella Fitzwilliam, unha distinguida muller da alta sociedade cuxos secretos a converten en vítima da perigosa e desapiadada Lydia Quigley.

É filla ilexítima, polo que a súa vida depende dos caprichos do seu calculador e sedutor irmán, o Marqués de Blayne, quen lle restrinxe o acceso ao diñeiro que lle permitiría ser independente e poderosa, algo que ambiciona por encima de todo. Desesperada, vítima da chantaxe de Lydia e atrapada nun matrimonio sen amor, Lady Fitzwilliam atopará unha inesperada amiga e aliada na cortesá Charlotte Wells, filla maior de Margaret.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.