menú

‘Hanna’ volve a Amazon Prime

30/06/2020
Blog R

‘Hanna’ volve a Amazon PrimeComo te sentirías se de súpeto te vises nun mundo para ti totalmente descoñecido e sendo perseguido/a día e noite sen que saibas o motivo? Así é a vida de ‘Hanna’, o intenso thriller cuxa segunda tempada está dispoñible en Amazon Prime Video o venres 3 de xullo.

Do bosque á gran cidade

‘Hanna’ dista moito de ser unha adolescente normal. Foi criada no bosque e adestrada para matar. A súa vida transcorre entre persecucións, fuxidas e conspiracións. A súa propia identidade é un misterio: quen é ela e por que a CIA a persigue sen tregua?

Nesta segunda tempada, Hanna tenta asimilar os recentes acontecementos e continúa indagando na procura da súa propia identidade. Farao soa ou acompañada? Os novos episodios lévannos a The Meadows, unha escola de adestramento secreta na que se adestran adolescentes como asasinas.

Unha nova promesa e un reencontro

A xove actriz inglesa Esmé Creed-Miles repite como Hanna. A súa implacable perseguidora, a axente da CIA Marissa Wiegler, é de novo interpretada por Mireille Enos. Por certo, vistes ‘ The Killing’? Os que coñecedes a exitosa serie sabedes que Mireille era a protagonista, xunto con Joel Kinnaman, e agora ambos comparten de novo cartel televisivo en ‘Hanna’. Esta segunda tempada conta tamén coa incorporación de Dermot Mulroney como o supervisor de Utrax, John Carmichael.

David Farr asina os guións dos oito novos episodios de ‘Hanna’. El xa fora coautor da película homónima na que se basea a serie, ‘Hanna’, protagonizada por Cate Blanchett, Eric Bana e Saoirse Ronan, que se converteu nun gran éxito de taquilla cando se estreou fai xa case 10 anos.

Apetéceche acompañar a Hanna na súa procura da verdade?

Se queres darte un bo atracón de series e cine, non perdas Amazon Prime Video, accesible dende o deco 4K da televisión R.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.