menú

Chega Halloween, prefires monstros, zombis ou vampiros televisivos?

29/10/2021
Blog R

Preparado/a para morrer de medo en Halloween? Non te separes da tele e goza coas sorpresas e novidades que nos trae a xornada máis arrepiante do ano. Toma nota.

AXN Now

AXN Now tráenos en exclusiva para Halloween a serie de terror ‘Monsterland’, inspirada nunha colección de relatos curtos de Nathan Ballingrud. Cada episodio está ambientado nunha cidade diferente e conta cun novo protagonista que se enfronta aos monstros. Porque hai moitos tipos de monstros: a culpa que soportamos, os segredos que gardamos, a soidade … Descubre ‘Monsterland’a partir do venres 29 de outubro en AXN Now.

Comedy Central

Comedy Central preparou unha tarde especial para morrer de medo… e de risa. ‘JaJaHalloween’ empeza ás 15:30 h coas dúas películas de ‘Los Gremlins’; ás 18:50 h lévanos a ‘Zombieland’; continúa coa cuarta entrega dunha das sagas de terror máis exitosas, ‘Scream 4’ e termina con ‘Zombies Party’.

TCM

Este ano, TCM reúne a un puñazo de vampiros que, cando caia a noite de cada domingo, ás 22:00 h, lles ensinarán os seus cabeiros aos/ás espectadores/as máis destemidos/as en películas como ‘Drácula’, ‘Entrevista con el vampiro’, ‘Solo los amantes sobreviven’ e ‘Déjame entrar’. A noite de Halloween, o especial culmina cun maratón de vampiros ata a madrugada.

TNT

TNT celebra o día de Halloween cunha selección do cinema máis aterrecedor. ‘Hotel Transilvania’, ‘Hotel Transilvania 3’, ‘Soy Leyenda’, ‘Abraham Lincoln: cazador de vampiros’ e ‘Tren a Busan’ serán as encargadas de poñerche os pelos de punta.

FOX

FOX aposta por momias e licántropos para Halloween. A partir das 15:45 h, embárcate nunha viaxe ao Exipto dos faraóns e das momias resucitadas con ‘La momia e ‘El regreso de la momia’. Para terminar, prepárate para aullar de medo xunto a Benicio del Toro, Emily Blunt e Anthony Hopkins no remake do clásico ‘El hombre lobo’.

AXN White

A canle máis ‘white’ da tele tamén se apunta a Halloween e o domingo 31, dende as 09:35 h, emitirá títulos míticos como ‘Los cazafantasmas’, ‘Aún sé lo que hicisteis el último verano’ ou ‘Crepúsculo’.

Syfy

Syfy preparou un especial de 14 noites consecutivas con películas de terror, do luns 18 de outubro ao domingo 31 de outubro. Este é bo momento para gozar de ‘Resident Evil’, ‘Tremors’ (partes 5 e 6) ou ‘Curse of Chucky’.

COSMO

COSMO propúxose asustarnos con algo máis temible que unha máscara, unha motoserra ou un espírito: a perversión humana. O domingo 31, dende as 22:30 h, emite ‘La mano que mece la cuna’, ‘Instinto básico’ e ‘Calle Cloverfield 10’.

Nick e Nick Jr

Nick e Nick Jr prepararon maratóns especiais o sábado 30 e o domingo 31 de outubro para que gocedes cos episodios máis horripilantes das series favoritas de cada canle e que ademais incluirán tres episodios de estrea en Nick Jr: ‘Santiago de los mares’, ‘Barbapapa’ y ‘Ready Set Dance’.

Vive Halloween coas opcións TV ocio ou TV total. Cóntanos, cal é o teu plan televisivo favorito para morrer de medo?

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.