menú

“Ha nacido una estrella”, en M. Estrenos

19/06/2019
Blog R

O venres 21 de xuño chega a Movistar Estreas “Ha nacido una estrella”, o recoñecido drama musical protagonizado por Bradley Cooper e Lady Gaga. Romance e música na televisión R para celebrar o Día da Música.

A música, un soño compartido

Jackson Maine, unha estrela consagrada da música, coñece a Ally, unha moza artista que loita por saír adiante no mundo do espectáculo.

Jackson é unha estrela do country e Ally unha aspirante a cantante. Ela está a piques de darse por vencida no seu soño de triunfar no mundo da música, pero Jack anímaa para que salte ao primeiro plano. Ao tempo que a carreira de Ally despega, as relacións persoais entre ambos desmorónanse e Jack libra unha batalla permanente contra os seus propios demos.

Unha historia moi cinematográfica

A película é un remake da película dos anos 30 do mesmo título. A primeira cinta que contaba esta bela e triste historia de amor foi a película de 1937 dirixida por William A. Wellman e protagonizada por Janet Gaynor e Fredric March. Ademais, a historia fora levada ao cinema noutras dúas ocasións máis: en 1954, dirixida por George Cukor, con Judy Garland e James Mason como protagonistas; e en 1976, con Frank Pierson na dirección e Barbra Streisand e Kris Kristofferson como protagonistas.

Gañadora do Óscar e do Globo de Ouro 2019 á Mellor Canción, “Shallow”, “Ha nacido una estrella” está dirixida e coprotagonizada por Bradley Cooper, xunto á cantante Lady Gaga.

Foi nominada tamén a outros sete premios Oscar (entre eles, Película, Actriz e Actor Principal e Guión Adaptado) e a catro Globos de Ouro (Película Dramática, Director e Actriz e Actor de Drama).

Completan o elenco da cinta Andrew Dice Clay, Rafi Gavron, Anthony Ramos, Dave Chappelle e Sam Elliott.

Como ver “Ha nacido una estrella” en R

Podes ver esta película na canle Movistar Estrenos, sintonizando os seguintes diais:

  • Galicia: dial 4
  • León e Cantabria: dial 46

Lembra que para poder dispoñer desta canle, tes que ter contratada con R a opción cine ou Movistar Estrenos. Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí.

Ademais, terás todo o contido dispoñible no noso servizo de rebobina, para que poidas velo sempre que queiras.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.