menú

‘Tadeo Jones 2’, en M. Estrenos

04/04/2018
Blog R

A segunda entrega de ‘Tadeo Jones’ chega a M. Estrenos o venres 6 de abril ás 22:00 h.

Tras unha perigosa misión no fondo do mar, a valente arqueóloga Sara Lavroff consegue facerse co Papiro do rei Midas e pretende presentalo en Las Vegas nunha exposición á que non faltará o seu bo amigo Tadeo Jones.

‘Tadeo Jones 2. El secreto del Rey Midas’ é a secuela do grande éxito da animación española ‘Las aventuras de Tadeo Jones’ (2012), película gañadora do Goya á Mellor Película de Animación e segunda película española máis taquilleira de 2017, con case 18 millóns de euros de recadación no noso país.

Esta segunda entrega traslada gran parte da acción a España, Grecia e Turquía. A película mostra como o feliz reencontro de Sara e Tadeo durante a presentación do Papiro do rei Midas se ve truncado polo malvado Jack Rackham, que secuestra a Sara para facerse cos segredos do rei que convertía en ouro todo o que tocaba.

Moitas caras coñecidas e algunhas incorporacións

Enrique Gato asume de novo a dirección, aínda que nesta ocasión está acompañado por David Alonso, animador de ‘Planet 51’.

Michelle Jenner volve encarnar a decidida Sara e Óscar Barberán ao tenro e patoso Tadeo. Xunto a eles, tamén repite Luis Posada prestando a súa voz a unha Momia moi faladora.

Únense á franquía Adriana Ugarte, que debuta como actriz de dobraxe no papel da nova e complexa aprendiz de arqueoloxía Tiffany, e José Corbacho, que interpreta a un curioso taxista que presta os seus servizos á expedición de Tadeo en Granada.

O tema principal da película, ‘Todo es posible’, está interpretado por David Bisbal e Martina Stoessel, ‘Tini’.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.