menú

Series que non podes perder en xuño

28/05/2018
Blog R

Amigos que se despiden para sempre, traficantes de diamantes, romances prohibidos, policías novos e xa veteranos e mesmo extraterrestres… Toma nota das estreas de series e tempadas que non podes perder este mes de xuño.

‘New Girl’

A serie ‘New Girl’ despídese en FOX Life (dial 28) o venres 15 de xuño. Nesta última tempada, os protagonistas sofren un salto temporal de tres anos onde todos eles tentan atopar os seus respectivos lugares no mundo. Jess e Nick están felices xuntos e volven dunha tormentosa xira de libros por Europa; Cece, nai traballadora, e Schmidt, dedicado aos traballos de casa, están a criar a súa filla, Ruth; e Winston e Aly están casados, cun neno en camiño.

instinct

‘ICE’

XTRM (dial 6) estrea a serie ‘ICE’ o mércores 6 de xuño ás 22:55 h. A produción conta con actores como Ray Winstone ou Donald Sutherland. Ambientada en Los Ángeles, ‘ICE’ segue a familia Green, responsable do negocio de diamantes ‘Green & Green Diamond’. Cando un dos fillos do patriarca dos Green asasina a un traficante de diamantes, os fillos veranse obrigados a traballar para un traficante de diamantes de sangue.

instinct

‘Final Space’

Prepárate para vivir a aventura o venres 8 de xuño ás 23:30 h. Chega a TNT (dial 22) a serie de animación máis esperada deste ano: ‘Final Space’. Trátase dunha tola proposta de ciencia ficción na que se mesturan humor, acción e aventura épica. Está protagonizada por Gary, un astronauta que está cumprindo sentenza nunha estación espacial, onde fai amizade con Mooncake, o seu novo amigo extraterrestre. Pero este adorable alieníxena é un arma de destrución masiva.

‘The Affair’

M. Series (dial 30) estrea a cuarta tempada dunha das súas series máis suxestivas a madrugada do domingo 17 de xuño. ‘The Affair’ segue explorando as consecuencias dunha infidelidade que esnaquizou dous matrimonios e os límites da mentira a través de varios puntos de vista. Na nova tempada, Noah, Helen, Alison e Cole móvense na súa propia órbita, cada vez máis alleos a todo o que os unía e ao crime que lles obrigou a entender as súas propias pantasmas.

‘Alice Nevers’ e ‘Candice Renoir’

O luns 18 de xuño, é día de dobre estrea en AXN (dial 21). Ás 21:30 h, coñeceremos a ‘Alice Nevers’, unha moza xuíza de instrución que une forzas co seu compañeiro policía, Fred Marchand, para resolver crimes. Iso si, cada un cos seus propios métodos. E ás 22:30 h, chega a sexta tempada da serie francesa ‘Candice Renoir’. Tras rexeitar o traslado que lle ofrecían, Candice está radiante: as súas preocupacións esvaécense e parece que aos poucos vai conseguindo levarse ben co seu xefe. Pero non todo resultará tan fácil como parece.

‘El misterio de Hanging Rock’

COSMO (dial 25) dá a benvida o domingo 24 de xuño, ás 22:00 h, á serie ‘El misterio de Hanging Rock’, baseada na novela de culto ‘Picnic at Hanging Rock’. Esta versión televisiva está protagonizada por Natalie Dormer (Margaery Tyrell en ‘Juego de Tronos’). En febreiro do ano 1900, un grupo de estudantes do prestixioso internado Appleyard organizan un picnic nas coñecidas montañas Hanging Rock (Victoria, Australia) para celebrar o día de San Valentín. Ao finalizar o xantar e caer o sol, tres delas e a súa profesora desaparecen misteriosamente.

instinct

‘Will & Grace’

En xuño, teremos tamén un dos regresos máis esperados do ano: ‘Will & Grace’. Volve a mellor versión de Will, Grace, Jack e Karen, a de sempre. Os catro protagonistas chegan a M. Series (dial 30) co mesmo humor acedo, o mesmo cinismo, os mesmos diálogos incisivos e o mesmo gusto polos Martinis.

instinct

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.