menú

Series que non podes perder en xullo

29/06/2018
Blog R

Cheira a verán e a vacacións. Apunta as series que te axudarán a desfrutar aínda máis desta época do ano.

‘Kim Kong’

Sundance TV (dial 9) ofrece os domingos 1, 8 e 15 de xullo, ás 22:30 h, a miniserie ‘Kim Kong’. Un desganado director de cine francés vese envolto na aventura da súa vida cando é secuestrado por unha ditadura asiática, a cal o obrigará a facer unha película segundo os ideais do seu absurdo réxime político.

instinct

‘Desaparecidas en el lago’

O thriller chega a Calle 13 (dial 23) coa estrea da serie ‘Desaparecidas en el lago’ o xoves 5 de xullo ás 22:00 h. Lise Stocker traballa nunha brigada criminal e vese obrigada a volver á súa vila natal para coidar da súa nai enferma. Nada máis chegar, unha adolescente desaparece durante a celebración das festas.

instinct

‘American Gods’

A partir do domingo 8 de xullo, ás 22:00 h, XTRM (dial 6) ofrece unha das series máis atrevidas e desvergonzadas do século XXI: ‘American Gods’. Folclore, fantasía e mitoloxía combínanse nunha produción na que a historia vira ao redor do misterioso e taciturno protagonista, chamado Sombra. Protagonizada por Ian McShane e Gillian Anderson, entre outros.

‘iZombie’

O domingo 8 de xullo, ás 23:30 h, AXN (dial 21) estrea a cuarta tempada de ‘iZombie’. Na nova tempada, mentres investiga o asasinato dun superfan de Seattle Seahawk, Liv ten unha visión sorprendente. Doutra banda, Major ten asignada a tarefa de ser mentor de mozos zombis sen fogar.

‘Crimen en el paraíso’

COSMO (dial 25) estrea os novos capítulos da serie que se converteu nun clásico da canle cada verán, ‘Crimen en el paraíso’, o domingo 15 de xullo ás 21:30 h. O detective Mooney asume o mando como principal policía na idílica illa de Saint Marie substituíndo ao detective Humphrey Goodman, que volve a Londres.

instinct

‘Striking Out’

O mundo da avogada Tara dá un xiro de 180ª cando descobre ao seu noivo na cama con outra. ‘Striking Out’ ofrece unha visión diferente ás míticas series de avogados. É unha historia de rexeneración dende a perspectiva dun personaxe feminino forte e afastado de victimismos. Estrea o domingo 22 de xullo ás 22:30 h.

instinct

‘Orange is the New Black’

O futuro das mulleres de Litchfield é unha incógnita. Nos novos episodios, as historias dividiranse en dous centros penais diferentes. A comedia creada por Jenji Kohan (‘Weeds’) e baseada na autobiografía de Piper Kerman segue a ser unha das series máis esperadas da tempada estival. M. Series (dial 30) estrea a sexta tempada de ‘Orange is the New Black’ o sábado 28 de xullo.

instinct

Listo para un verán de series?

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.