menú

As mellores series para empezar o ano

27/12/2017
Blog R

Ano novo, vida nova… e series novas. O 2018 chega con varias novidades seriéfilas que te van manter pegado á tele. E un retorno do máis ‘paranormal’.

‘ORO’

AMC (dial 2) estrea o luns 8, ás 22:10, esta serie que nos levará ata as terras máis profundas da selva güianesa na procura do dourado metal. Vincent Ogier, estudante de xeoloxía, é enviado á Güiana Francesa para traballar como bolseiro nunha empresa mineira especializada na extracción de ouro. Alí localiza unha famosa veta. Para explotala, alíase co perigoso Antoine Serra, chamado o ‘padriño do Ouro’.

‘Ghosted’

Que se pode esperar da colaboración imposible entre un home racional e escéptico e outro que resulta ser un auténtico crente no paranormal cando ambos son recrutados contra a súa vontade por unha axencia gobernamental secreta? Descúbreo en ‘Ghosted’, a nova comedia que se estrea en FOX (dial 20) o sábado 20 de xaneiro ás 20:30 h.

‘The Brave’

Patricia Campbell (interpretada por Anne Heche) é a subdirectora da D.I.A. Ela e o seu equipo de analistas son un equipo de operacións especiais que viaxa por todo o mundo (Rusia, México, Nixeria e mesmo España) para executar perigosas misións detrás das liñas inimigas. Estrea en AXN (dial 21) o luns 22 de xaneiro ás 22:55 h.

‘911’

‘911’ traslada o espectador a presión que supón traballar para un servizo de emerxencias, onde a diario hai que loitar con todo tipo de situacións, dende pequenos accidentes de índole doméstica a outras moito máis perigosas e inesperadas. En FOX Life (dial 28), dende o xoves 25 de xaneiro ás 22:10 h.

‘La tregua’

Sundance TV (dial 9) estrea o mércores 31 de xaneiro, ás 22:30 h, este thriller belga de estilo nórdico sobre unha sosegada vila nas Ardenas onde acaba de aparecer un cadáver. Todo apunta a un suicidio, pero o inspector Yoann Peeters está convencido de que se trata dun asasinato.

‘Expediente X’

Ademais, xaneiro tráenos o retorno dunha das series máis populares da historia da televisión. Fox Mulder e Dana Scully volven ao servizo. FOX estrea novos episodios de ‘Expediente X’ o luns 8 de xaneiro ás 22:20 h.

E lembra que tamén podes desfrutalas en rebobina.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.