
Series que te esperan en agosto
A moitos dos protagonistas das series de agosto xa os coñeces, eles volven con novas historias; a outros, descubriralos. Estas son as series que non podes perder en agosto.
‘Better Call Saul’
O martes 7 de agosto chega a cuarta tempada de ‘Better Call Saul’, spin-off de ‘Breaking Bad’, que transcorre anos antes de que Walter White se cruce no camiño de Saul. Nos novos episodios, vemos como unha tráxica morte próxima é determinante para a súa transformación.
‘Fear the Walking Dead’
Reengánchate ao universo zombie coa estrea da segunda parte da cuarta tempada de ‘Fear the Walking Dead’ en AMC (dial 2). O luns 13 de agosto, ás 03:30 h, en VOS. A versión dobrada chega á canle o luns 27 de agosto, ás 22:10, con dobre episodio.
‘Striking Out’
Acompaña a Tara, a última heroína legal, nos intrigantes casos que chegan coa segunda tempada de ‘Striking Out’. A serie non é só un referente das series de avogados, ademais é traxicómica como a vida mesma. Estrea o domingo 19 ás 22:30 h en Sundance (dial 9).
‘Ice’
O mércores 22 de agosto, ás 22:55 h, chega a XTRM (dial 6) a segunda tempada da serie ‘Ice’. Arrinca coas secuelas que xorden do peche do negocio familiar Green & Green. A reputación e a economía dos irmáns Jake e Freddy están polo chan.
‘Carter’
Jerry O´Connell é Harley Carter, un actor que volve á súa cidade natal tras vivir unha época de fama en Hollywood. É hora de demostrar a todos que non só sabe interpretar un detective na televisión, tamén é capaz de resolver crimes. AXN estrea ‘Carter’ o martes 28 de agosto ás 22:35 h.
‘Strike Back’
XTRM (dial 6) estrea tamén a quinta e última tempada de ‘Strike Back’ o xoves 30 de agosto ás 22:55 h. A ‘Sección 20’ foi restaurada para localizar un sobresaínte terrorista que logrou fuxir da prisión deixando tras de si unha brutal escena.
0 comentarios
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.