menú

Roland Garros, en Eurosport

16/05/2018
Blog R

Cita co mellor tenis en Eurosport 1 (dial 70) e Eurosport 2 (dial 71), que teñen preparada unha programación especial que inclúe unha ampla cobertura de todo o torneo que se disputa do luns 21 de maio ao domingo 10 de xuño.

Os afeccionados ao tenis poderán desfrutar en Eurosport da cita máis importante en terra batida. Roland Garros é, ademais, o segundo dos Grand Slams, tras o Open de Australia.

A programación especial comeza xa coa fase previa e mantense durante as dúas semanas que dura a cita deportiva.

Nadal, o máis laureado en París

O Torneo celébrase en París dende a súa creación en 1891, baixo a organización e o amparo da Federación Francesa de Tenis.

O tenista español Rafa Nadal é o xogador con máis vitorias neste torneo, contando no seu palmarés con 10 títulos.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios