menú

O Open de Australia, en Eurosport

10/01/2018
Blog R

Eurosport 1 (dial 70) e Eurosport 2 (dial 71) emiten do 15 ao 28 de xaneiro en directo o Open de Australia, primeiro Grand Slam da tempada.

Os afeccionados ao tenis poderán desfrutar dunha amplísima cobertura do Open de Australia durante dúas semanas ininterrompidas nas que se ofrecerá a xornada íntegra, dende a 1:00 h da madrugada ata aproximadamente as 14:30 h da tarde.

Programación especial

Ademais, Eurosport 1 emitirá o popular magazine ‘Game, Schett and Mats’, programa ofrecido durante os Grand Slam de tenis e conducido por Mats Wilander, gañador de 7 Grand Slams; e Barbara Schett, ex xogadora profesional. O programa será ofrecido de maneira diaria ás 14:15 h. O estudo dende o que se realizará estará localizado no corazón do Melbourne Park, tendo como imaxe de fondo unha espectacular vista da Rod Laver Arena.

A cobertura completarase coa emisión de ‘Game, Schett and Mats Extra‘, espazo que será emitido en directo ás 9:00 h da mañá e no que Wilander analizará os mellores partidos do día a través de vídeos. Tamén se ofrecerán as reaccións dos xogadores xusto despois de acabar os seus partidos.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

8 comentarios

  1. RAMIRO Casquero Torre di:

    Que tengo que hacer para verlo

  2. Luis Leal Soto di:

    PUEDO YO VER EL ABIERTO DE AUSTRALIA DE TENIS