menú

Movistar Series analiza as claves do cine e a televisión actuais

07/08/2017
Blog R

Movistar Series (dial 30) estrea o venres 11 de agosto, ás 21:30 h, ‘Hollywood en primer plano. Emmys 2017’, un programa imprescindible para todos aqueles que queiran coñecer en profundidade as pautas que marcan hoxe o mundo do entretemento.

Un total de seis programas que profundan nos actores do momento, as actrices máis cotizadas, os directores que marcan tendencia, os showrunners máis solicitados en televisión, os creadores das grandes producións de non ficción, os responsables das cancións que marcaron a tempada ou os grandes guionistas das películas e series que máis ruído fixeron.

‘The Hollywood Reporter’ é unha das publicacións máis influíntes do mundo do espectáculo e as súas mesas redondas coas personalidades máis destacadas do negocio convertéronse en clases maxistrais ao redor do que se está cocendo na gran meca do cine e a televisión.

Episodios

No primeiro capítulo, o programa céntrase en actores de drama como Billy Bob Thorton e Ewan McGregor; o segundo programa analiza os guionistas de drama; actrices e actores de comedia son os protagonistas da terceira e cuarta entregas do programa; os guionistas de comedia centran o quinto capítulo; e o episodio final está dedicado ás actrices de drama.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios