menú

M. Estrenos sobe ao Orient Express

25/06/2018
Blog R

O venres 29 de xuño, ás 22:00 h, M. Estrenos (dial 4) sobe ao famoso tren Orient Express coa estrea da película ‘Asesinato en el Orient Express’.

Xerusalén, 1934. Tras resolver un caso que puido poñer en perigo a convivencia das tres relixións na cidade, o famoso detective Hércules Poirot decide collerse unhas vacacións e viaxa ata Istambul con destino a Londres. Pero, ao chegar, un novo caso obrígao a tomar o Orient Express.

Coinciden con Poirot nos vagóns do luxoso Orient Express o gánster Ratchett (Johnny Depp); o seu axudante (Josh Gad) e o seu mordomo (Derek Jacobi); a viúva cazafortunas Caroline Hubbard (Michelle Pfeiffer); a misioneira Pilar Estravados (Penélope Cruz); o arrogante profesor Gerhard Hardman (Willem Dafoe); a condesa Andrenyi (Lucy Boynton) e o seu esposo (Sergei Polunin); a princesa rusa Dragomiroff (Judi Dench) e a súa criada (Olivia Colman); a moderna e resolta institutriz Mary Debenham (Daisy Ridley); o médico Arbuthnot (Leslie Odom Jr.); o director de negocios Monsieur Bouc (Tom Bateman); o encargado do vagón Pierre Michel (Marwan Kenzari); e o inquietante inmigrante cubano Biniamino Marquez (Manuel Garcia-Rulfo), director de varias franquías automobilísticas.

Todos se converten en sospeitosos de asasinato cando o primeiro, o gánster Ratchett, é asasinado.

Unha das novelas máis famosas de Agatha Christie

Kenneth Branagh dirixe e coprotagoniza, dando vida ao detective Hércules Poirot, esta adaptación da novela clásica do xénero policiaco publicada en 1934.

O famoso libro de Agatha Christie xa fora levado ao cine noutras ocasións, sendo a máis famosa a película homónima dirixida en 1974 por Sidney Lumet e protagonizada por Albert Finney, Lauren Bacall, Ingrid Bergman, Michael York, Jacqueline Bisset, Sean Connery, Anthony Perkins e Richard Widmark.

O encargado de adaptar o texto da novela de Agatha Christie é Michael Green, autor tamén dos guións de ‘Blade Runner 2049’ e ‘Logan’, polo que estivo nominado ao Oscar.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.