menú

Morgan Freeman, na procura de respostas

09/01/2018
Blog R

National Geographic (dial 50) estrea o domingo 14 de xaneiro, ás 19:30 h, a nova serie documental ‘Lo que nos une, por Morgan Freeman’.

Por que algunhas persoas ascenden ao poder e outras non o conseguen? Por que nos namoramos? Como desenvolveu a humanidade a súa necesidade de compartir crenzas? A serie propón unha ambiciosa viaxe por todo o mundo na procura de respostas a algunhas das preguntas máis importantes da humanidade.

É unha nova produción dos creadores da aclamada serie ‘The Story of God, con Morgan Freeman’. Nesta nova aventura documental, Morgan Freeman convida os espectadores a viaxar por todo o mundo para coñecer persoas de diferentes culturas, cuxas vidas foron formadas de maneira sorprendente. Toda unha viaxe de exploración na procura daqueles temas que nos unen a todos, independentemente da nosa orixe ou país de residencia.

Cada episodio, un tema

A serie conta con seis episodios e cada un deles explora un único aspecto fundamental: as crenzas, o amor, o poder, a guerra e a paz, a rebelión ou a liberdade.

Amplo no seu ámbito e íntimo no seu estilo, Freeman viaxa de novo polo mundo para escoitar a todo tipo de persoas, esperando descubrir quen somos como especie e atopar cara a onde se dirixe a civilización.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.