menú

‘It’, en Movistar Estrenos

23/05/2018
Blog R

O terror asómase á pantalla de M. Estrenos (dial 4) o venres 25 de maio, ás 22:00 h, coa estrea da película ‘It’.

Un día chuvioso de outubro de 1988, o pequeno Georgie sae de casa co barco de papel que lle construíu o seu irmán maior, Billy. O neno persegue o xoguete polos regatos formados pola choiva ata un sumidoiro no que o barquiño está a piques de desaparecer… ata que o recolle o pallaso Pennywise.

A película conta a historia de sete nenos que forman o que eles chaman ‘O club dos perdedores’, sempre acosados polos abusóns do pobo de Derry (Maine, Estados Unidos) no que viven. Todos eles teñen, ademais, outra cousa en común: viron os seus peores pesadelos facerse realidade en forma dun antigo depredador que cambia de forma e ao que denominan ‘iso’. Dende que existe, Derry foi o coto de caza desa entidade, que rexorde dos sumidoiros cada 27 anos para alimentarse dos medos das súas presas favoritas: os nenos.

Da novela de Stephen King ao cine

O director Andy Muschietti (‘Mamá’) leva ao cine a novela homónima de Stephen King (1986), que xa fora adaptada para televisión en 1990 nunha miniserie dirixida por Tommy Lee Wallace, na que Tim Curry daba vida ao terrorífico pallaso Pennywise.

Nesta ocasión, o encargado de interpretar a Pennywise é Bill Skarsgård, fillo do actor sueco Stellan Skarsgård e irmán dos tamén actores Alexander e Gustaf Skarsgård.

A película conta con guión de Gary Dauberman (especialista en títulos de terror como a saga ‘Annabelle’), Cary Fukunaga (director da primeira tempada da serie ‘True Detective’) e o debutante na gran pantalla Chase Palmer. ‘It’ está coprotagonizada, entre outros, polos mozos Finn Wolfhard (Mike Wheeler en ‘Stranger Things’) e Jaeden Lieberher (‘Masters of Sex’).

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.