menú

Desfruta do cine en familia con Canal Hollywood

29/05/2018
Blog R

Canal Hollywood (dial 1) preparou en xuño unha sección semanal dedicada ás sesións de cine en familia. Todos os sábados, ás 15:45 h, cita coas películas para os grandes e pequenos da casa, cheas de aventuras, diversión e emoción.

‘Hotel para perros’

Andi e o seu irmán Bruce viven nunha casa onde os animais están terminantemente prohibidos, e estanse quedando rapidamente sen trucos para manter oculto a ‘Viernes’, o seu perpetuamente famento can. Emítese o sábado, 2 de xuño

‘Papá canguro 2’

Charlie e Phil son os novos directores dun campamento de verán. Pero a súa falta de experiencia, o estado das instalacións e os peculiares campistas non llo poñerán fácil. Emítese o sábado, 9 de xuño.

‘Noche en el museo 2’

Larry Daley sepárase dos seus amigos cando son enviados ao Smithsonian. Pouco despois, a táboa de Ahkmenrah desaparece e o Smithsonian cobra vida. Emítese o sábado, 16 de xuño.

‘Karate Kid’

A película que popularizou entre os mozos as artes marciais. Emítese o sábado 23 de xuño.

Hollywood Family Animado

E, para despedir o mes, o sábado 29 de xuño Hollywood preparou este sábado especial que inclúe as películas ‘Cómo entrenar a tu dragón’, ‘ Megamind’, ‘Ratónpolis’ e ‘Kung Fu Panda’.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.