menú

FOX estrea ‘Ghosted’, unha comedia ‘paranormal’

15/01/2018
Blog R

FOX (dial 20) estrea o sábado 20 de xaneiro ás 20:30 h ‘Ghosted’, unha nova sitcom protagonizada por Craig Robinson (‘The Office’) e Adam Scott (‘Big Little Lies’).

‘Ghosted’ é unha comedia sobre a asociación de dous contrarios, dous polos opostos, dúas persoas que ven a realidade de forma totalmente distinta: un home racional e escéptico, xunto a outro que resulta ser un auténtico crente no paranormal. Ambos son recrutados (contra a súa vontade) para traballar de incógnito nunha misteriosa axencia gobernamental.

Os dous protagonistas desta nova ficción son Craig Robinson (o inolvidable Darryl Philban en ‘The Office’) e Adam Scott, ao que recentemente vimos interpretar ao marido de Reese Witherspoon en ‘Big Little Lies’. Eles levan o peso desta atípica comedia na que un garda de seguridade dun centro comercial e un catedrático caído en desgraza se converten en dous axentes especiais cunha misión por encima das súas posibilidades: salvar a humanidade, que está seriamente ameazada polos alieníxenas.

Unha misión difícil: salvar a Terra

Un punto de partida que acaba convertendo a ‘Ghosted’ nunha parodia con moito humor dos dramas policíacos de ciencia ficción. Unha misión difícil que contou coa axuda de Jonathan Krisel (‘Portlandia’), responsable da dirección do episodio piloto, e con Tom Gormican (‘Las novias de mis amigos’) e Kevin Etten (‘Mujeres desesperadas’) como guionistas.

Completan o elenco da serie Ally Walker (‘Sons of Anarchy’), Addel Akhtar (‘El infiltrado’) e Amber Stevens (‘The Carmichael Show’), personaxes que colaborarán coa parella protagonista na loita contra as forzas alieníxenas para manter a vida na Terra polo menos un día máis.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.