menú
Featured Video Play Icon
Featured Video Play Icon

O mellor cine de terror, en Dark

08/05/2018
Blog R

As noites dos xoves de maio podes desfrutar en Dark (dial 12) das estreas do mellor cine de terror con ‘Fila 666’.

O terror está garantido. A canle preparou unha programación que inclúe títulos seleccionados para os amantes do xénero, con cinco estreas exclusivas e inéditas en España.

Estreas de terror

Xoves 3, ‘Cut Shoot Cut Shoot Kill’ (2017). Serena Brooks é unha moza actriz que se está convertendo nunha estrela dentro do mundo do cine de terror. Roda unha película no bosque e todo o equipo ten que vivir alí mentres dura a rodaxe. De súpeto, os membros do elenco comezan a desaparecer.

Xoves 10, ‘Peelers’ (2016). O que comeza como unha festa na noite de clausura dun infame club de striptease dunha pequena cidade, rapidamente se converte nun baño de sangue cando aparece un grupo de mineiros e con eles un contaminante mortal.

Xoves 17, ‘K-Shop’ (2016). Salah vese obrigado a dirixir el só a tenda de kebabs da familia. Esfórzase por soportar a vida nocturna e cando unha pelexa cun cliente violento acaba mal, atópase cun cadáver nas mans.

Xoves 24, ‘Child of Child of Stan’ (2016). Tras un estraño accidente mentres baña a un bebé, Allison é levada de urxencia ao hospital. Despois do nacemento do seu fillo, comezan a suceder feitos estraños, ilusións, soños vívidos e asasinatos sen motivo aparente.

Xoves 31, ‘American Gothic’ (2017). Por unha banda, unha parella tranquila nunha granxa illada. Doutra banda, un autobús de transporte de presidiarios que ten un accidente. Todos os pasaxeiros morren… excepto Nick e Guy, que ven a oportunidade para escapar.

Se es dos que morren por unha boa película do terror, se te estimula o medo, en maio senta na ‘Fila 666’ de Dark.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.