menú

Especial San Valentin en TV5Monde

09/02/2018
Blog R

TV5Monde (dial 201) celebra San Valentín cunha programación especial que inclúe comedias románticas e documentais con moita paixón.

Cine

O especial arrinca o domingo 11 de febreiro, ás 21:00 h, coa emisión da película ‘Tamara‘.Tamara é unha moza atormentada polas súas curvas que se namora do mozo máis popular do liceo.

Continúa o ciclo o xoves 15 con ‘Un jour mon prince’. Se en cinco días ningún príncipe vén espertar a Bela Dormente, ela desaparecerá. Dúas fadas son enviadas a París para atopar o candidato ideal. Tamén ás 21:00 h.

‘Cigarettes et chocolat faud’ é o título que se emitirá o domingo 18 ás 21:00 h. O protagonista é Denis, un pai amoroso, soñador e desbordado ao que lle impoñen unha ‘pasantía de responsabilidade parental’ ao esquecerse unha vez máis da súa filla maior cando sae do colexio. Esta película foi nominada a Mellor Primeira Obra nos Premios César 2017.

Documentais

O mércores 21, ás 14:50 h, emisión de ‘Visites Privées: Vive la Mariée’, un documental que relata a historia e curiosidades dos ramos e os vestidos de noiva e dunha das vodas máis discretas e orixinais de Francia: a de Louis XIV e madame de Maintenon.

E o mércores 14, ás 12:30 h, ‘Quand L’amour M’était Chanté’. Descubre os anos de feliz complicidade entre Madeleine Rabereau e o soado artista Léo Ferré.

Descubre o amor en todas as súas expresións co Especial San Valentín de TV5Monde.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.