menú

Especial do Orgullo Friki en TNT

21/05/2018
Blog R

O venres 25 de maio é unha das datas máis sinaladas no calendario de TNT (dial 22). É a hora do Orgullo Friki.

Ás 22:30 h, a canle ofrece un programa de produción propia que non deixará indiferente a ninguén: ‘Toy Wars: el juguete de un millón de dólares’.

E, a continuación, estrea do especial ‘Robot Chicken The Walking Dead’, unha xenial parodia-homenaxe da famosa serie de mortos viventes dobrada en inglés polos protagonistas da serie e en castelán polos seus actores de dobraxe habituais. Unha experiencia única coa que non poderás parar de rir.

Ademais, o sábado 26 e o domingo 27, a partir das 15:45 h, os superheroes conquistarán a pantalla con ‘Thor’, ‘Thor: el mundo oscuro’, ‘El hombre de acero’, ‘Los vengadores’ e ‘Guardianes de la galaxia’.

Estrea de ‘Toy Wars: el juguete de un millón de dólares’

‘Toy Wars: el juguete de un millón de dólares’ é un programa de investigación que parte da noticia da suposta existencia en España dunha estraña figura orixinal datada en 1977 e emparentada cun dos grandes éxitos cinematográficos daquel ano. Segundo os expertos, trataríase dunha rareza única que non concorda coa liña de figuras e xoguetes que esa marca desenvolvería a partir dese ano e ao longo das seguintes décadas, pero por que, segundo os rumores, podería acharse precisamente en Madrid? É posible que se trate dun prototipo que nunca se chegou a comercializar?

O programa trata de dilucidar se existiu en realidade ou se é tan só unha lenda. Conta cos testemuños do ilustrador José Ramón Sánchez, que recoñece que, en efecto, recibiu o encargo de deseñar aquela figura alá por 1977, e do seu fillo, o director de cine Daniel Sánchez Arévalo. Tamén interveñen actores e afeccionados ao coleccionismo como Joaquín Reyes, Raúl Arévalo, Carlos Areces, Quim Gutiérrez, Antonio de la Torre, Juan Gómez-Jurado, Arturo González-Campos, a youtuber Abi Power ou a cantante Angy.

Rumor, conspiración ou realidade?

A medida que a procura avanza, as incógnitas vanse sucedendo. Por que esta historia se silenciou ata agora? Houbo un intento de ocultación por parte do poder nuns anos convulsos da historia de España?

O programa ofrece así mesmo entrevistas a políticos como Eduardo Madina, xornalistas como Juan Ramón Lucas, e a personalidades como o exdirector xeral de Televisión Española Rafael Ansón e o presentador de informativos Joaquín Arozamena, que foron claves na España da Transición, precisamente a etapa na que arrinca esta historia.

Onde acaba o rumor e empeza a realidade? Onde termina o frikismo e empeza a teoría conspiración? Este ano TNT decidiu celebrar o Día do Orgullo Friki desvelando un feito ata agora descoñecido que ameaza con revolucionar a historia do coleccionismo non só en España senón a escala global.

Benvidos un ano máis ao Especial do Orgullo Friki en TNT.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.