menú

Chega a cuarta tempada de ‘Mozart in the Jungle’

14/02/2018
Blog R

Movistar Series (dial 30) estrea a cuarta tempada de ‘Mozart in the Jungle’ o sábado 17 de febreiro ás 16:10 h, en formato maratón.

Despois de resolver a tensión acumulada entre eles, Hailey e Rodrigo deciden deixar de esconder a súa relación, cada vez máis afianzada. Mentres Rodrigo descobre por primeira vez o que significa ser ‘o noivo’ e como esta situación lle afecta na súa visión da música, Hailey é escollida para unha competición en Xapón, unha grande oportunidade para demostrar definitivamente as súas dotes como directora de orquestra. Na metade desta viaxe, ao que se apunta toda a orquestra, ambos cuestiónanse se son capaces de seguir namorados malia as esixencias das súas respectivas carreiras.

Unha serie sobre a música

‘Mozart in the Jungle’ segue as andanzas de Hailey Ruttledge (Lola Kirke), oboísta da orquestra sinfónica de Nova York, e de Rodrigo, un excéntrico director de orquestra de orixe mexicana cuxa particular paixón pola música desafía os convencionalismos da vella garda. Mentres Hailey descobre un novo mundo movéndose entre os egos e as excentricidades do elitista e desapiadado mundo da música clásica, Rodrigo defende a súa pasión pola música, loita coas queixas da súa orquestra e fai fronte a aqueles que non están dispostos a aceptar as súas revolucionarias ideas.

A series está baseada nas aclamadas memorias de Blair Tindall tituladas ‘Mozart in the Jungle: Sex, Drugs and Classical Music’.

Cameos de excepción

Un dos puntos fortes da serie son os convidados cada tempada.

John Cameron Mitchell, o emblemático actor e director de culto por películas como ‘Hedwig and the Angry Inch’ e ‘ Shortbus’, aparecerá no papel dun profesor de danza amigo de Rodrigo.

Michael Emerson (o icónico Benjamin Linus de ‘Perdidos’) únese ó elenco esta tempada no papel de Morton Norton, un excéntrico coleccionista de curiosidades e reliquias da música clásica, vestido como un compositor homicida do século XVI chamado Gesualdo (ao que el considera infravalorado). Cando coñece a Rodrigo, fáltalle tempo para mergullalo no seu estraño universo e facerlle unha visita guiada pola súa colección.

Masi Oka (Hiro Nakamura en ‘Héroes’) interpreta en varios episodios a Fukumoto Akihiro, o CEO millonario dunha empresa tecnolóxica de Xapón. A súa enorme paixón pola música pronto o sitúa como o mecenas que a orquestra necesita.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios