menú

‘Coco’, en M. Estrenos

02/07/2018
Blog R

O venres 6, ás 22:00 h, a maxia da película de animación ‘Coco’ chega a M. Estrenos (dial 4).

Miguel, un neno de 12 anos, soña con cantar e tocar a guitarra como o seu xa falecido ídolo: o grande Ernesto de la Cruz. Pero alcanzar os seus soños non é fácil para Miguel, xa que na súa familia está prohibida a música dende que o seu tataravó abandonou a súa muller e a súa filla para tentar triunfar como músico.

‘Coco’ une fantasía, aventuras e comedia para contar unha colorista historia inspirada na xente, a cultura e as tradicións de México.

A película conta como Miguel, que cre descubrir que Ernesto de la Cruz é o seu desaparecido tataravó, quere demostrar á súa familia que facer música é bo e honorable. O problema é que tenta facelo o Día dos Mortos, cando os espíritos dos defuntos visitan os vivos que aínda os lembran… e termina sendo Miguel quen, de forma máxica, acabe na Terra dos Mortos.

A música, un elemento esencial

A película gañou o Oscar e o Globo de Ouro á Mellor Película de Ánimación. Tamén conseguiu o Oscar á Mellor Canción o tema ‘Remember Me’, composto por Kristen Anderson-Lopez e Robert Lopez, que xa conseguiran a cobizada figura coa canción ‘Let It Go’ de ‘Frozen. El reino del hielo’).

Producida por Disney Pixar, a dirección corre a cargo de Lee Unkrich (gañador do Oscar por ‘Toy Story 3’) e do debutante Adrian Molina.

‘Coco’ foi estreada cunha única dobraxe ao español para todo o mundo hispanofalante, mantendo así a linguaxe e o acento mexicano dos personaxes. Ademais, algúns coñecidos actores hispanos prestan a súa voz na versión orixinal e na dobrada, como é o caso de Gael García Bernal (Héctor) ou Alfonso Arau (Papá Julio).

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.