menú

AXN estrea ‘The Brave’

16/01/2018
Blog R

O luns 22 de xaneiro, ás 22:55 h, AXN (dial 21) trae a España ‘The Brave’, unha serie que mostra o complexo mundo dos militares de elite estadounidenses.

‘The Brave’ vira ao redor de Patricia Campbell (interpretada por Anne Heche), a subdirectora da D.I.A. Ela e o seu equipo de analistas son capaces de manexar a tecnoloxía de vixilancia máis avanzada do mundo dende a súa sede en Washington DC.

Doutra banda, está o tenente Adam Dalton (Mike Vogel) e o seu grupo: a sarxento Jasmine ‘Jaz’ Khan (Natacha Karam), unha incrible francotiradora; o sarxento Ezekiel ‘Preacher’ Carter (Demetrius Grosse), encargado dos explosivos; o sarxento Joseph ‘McG’ McGuire (Noah Mills), médico de combate; e Amir Al-Raisani (Hadi Tabbal), oficial de intelixencia. Este equipo de operacións especiais viaxa por todo o mundo (Rusia, México, Nixeria e mesmo España) para executar perigosas misións detrás das liñas inimigas.

Solidariedade e fortaleza

Todos os membros deste escuadrón de elite, tanto os de DC como os que están dispersos polo mundo, teñen unha cousa en común: a súa resistencia e o seu compromiso coa liberdade. A miúdo enfróntanse a desafíos que parecen insuperables pero traballan incansablemente para triunfar, mesmo nas situacións máis complexas.

No primeiro episodio, os dous equipos terán que traballar de xeito conxunto para atopar a unha médico americana que foi secuestrada por un grupo terrorista.

‘The Brave’ é unha serie creada por Dean Georgaris e conta, entre outros, co produtor executivo de ‘Homeland’.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios