menú

As 24 Horas de Le Mans, en Eurosport

13/06/2018
Blog R

As 24 Horas de Le Mans vívense en directo en Eurosport 1 (dial 70) do mércores 13 ao domingo 17 de xuño. Fernando Alonso é un dos participantes desta edición.

Por 16º ano consecutivo, Eurosport emitirá as 24 horas de Le Mans, evento que está considerado como un dos máis fascinantes dentro das competicións de motor. Nel danse cita os mellores equipos, incluíndo a Audi, Porsche, Toyota ou Nissan.

Eurosport prepara unha excepcional cobertura para esta nova edición das 24 horas de Le Mans. Dende o mércores 13 ao domingo 17, ofrecerá 38 horas de programación orixinal incluíndo adestramentos, clasificacións e carreira íntegra en directo así como programas de produción propia como ‘Le Mans Coach’ e a miniserie ‘Legends of Le Mans’, protagonizada polo nove veces campión de Le Mans, Tom Kristensen.

Fernando Alonso, na pista

A carreira deste ano conta con grandes figuras do automobilismo como Fernando Alonso, Jenson Button e Juan Pablo Montoya. O piloto asturiano disputará a súa segunda proba do Campionato do Mundo de Resistencia tras lograr a vitoria nas 6 Horas de Spa-Francorchamps xunto aos seus compañeiros Kazuki Nakajima e Sebastian Buemi, por diante do triplo formada por Conway, Kobayashi e López.

 


 

Un gran equipo de expertos para a programación especial

Os expertos comentaristas de motor Javier Rubio, Santiago Ayala e Tomás Saldaña, un dos pilotos españois con maior palmarés no WEC con 7 participacións nas 24 Horas de Le Mans, serán os encargados de achegar aos espectadores o minuto a minuto de todo o que suceda no emblemático circuíto francés. A nivel internacional, a canle contará tamén con Tom Kristensen, Jennie Gow e Sam Hancock, asegurándose de que os seguidores estean ao tanto de todo o que ocorre tras as bambolinas mentres se celebra a carreira.

Máis aló da carreira

Ademais da carreira, adestramentos e clasificacións, Eurosport ofrecerá unha programación única ao redor das 24 horas de Le Mans:

‘Legends of Le Mans’: Esta produción orixinal de Eurosport rodada en Le Mans mostrará ao nove veces gañador da carreira, Tom Kristensen, pilotar catro vehículos clásicos de Le Mans para ofrecer unha visión nunca vista mentres os conduce polo lendario circuíto francés de 13.6 quilómetros.

‘The Coach’: Tom Kristensen encabezará a cobertura internacional en vivo da carreira principal a partir do sábado 16 de xuño, analizando o mellor da cita ao longo dunha serie de oito episodios na que o ex piloto danés indagará nos aspectos técnicos referentes a pilotos e vehículos.

‘Le Mans Extra’: Kristensen analizará todo o que acontece tras cada sesión de adestramento e de clasificación previa á carreira do sábado 16. Ademais, o expiloto danés buscará as mellores entrevistas cos protagonistas, tanto a pé de pista como dende o estudo de Eurosport en Le Mans.

Axenda da proba

Mércores 13 de xuño

16-20 h: Adestramento en directo
21:45-22 h: ‘Le Mans Extra”
22-24 h: 1ª Rolda Clasificación en directo

Xoves 14 de xuño

18:45-19 h: ‘Le Mans Extra’
19-21 h: 2ª Rolda Cualificación en directo
21-22 h: ‘Le Mans Extra’
22-24 h: 3ª Rolda Cualificación en directo

Venres 15 de xuño

08:35-10 h: O mellor da cualificación: ponte ao día coa recompilación dos mellores momentos das tres sesións de cualificación en Le Mans

Sábado 16 de xuño

9-9:45 h: Le Mans 24 h. Quecemento
13 h: Cobertura previa á carreira
14:30-15:00 h: ‘The Grid’. Tom Kristensen fala con personalidades presentes na carreira xusto antes de que esta comece.
15:00 h: Carreira

Domingo 17 de xuño

20:30-21:30 h: O mellor de 2018. Perdiches algo da carreira?

Vive as 24 Horas de Le Mans como nunca en Eurosport.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

1 comentario

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. ANGEL di:

    Una gozada de carrera, comienzo las vacaciones he dormido poco. Me merezco una gorra del nano, soy fans suyo