menú

A nova guerra dos mundos aterra en FOX

25/10/2019
Blog R

Os protagonistas desta historia son xente común en circunstancias extraordinarias. Poñémoste en situación, como reaccionarías diante dunha invasión alieníxena?

O luns 28 de outubro, FOX estrea a nova versión de “La Guerra de los Mundos”. A historia de ciencia ficción que converteu á Humanidade en vítima dunha guerra brutal case sen darse conta.

Trátase dunha miniserie de tres capítulos que se preestrenó no último Festival de Sitges.

Un clásico da ciencia ficción

Howard Overman, reputado guionista e produtor británico, gañador do BAFTA pola serie “Misfits”, foi o encargado de adaptar nesta ocasión o famoso clásico de ciencia ficción. El é o principal responsable desta nova versión que traslada a historia á Europa actual.

Emocional, de corte moi cinematográfico e arraigada nos personaxes, así define o seu equipo a “Guerra de los Mundos”.

Mención especial merecen os seus protagonistas, entre os que figuran nomes tan recoñecidos como Gabriel Byrne, Elizabeth McGovern, Léa Drucker ou Natasha Little.

Unha invasión inesperada

Coñeces a historia de “A Guerra de los Mundos”? George e Amy queren empezar unha nova vida xuntos. Pouco sospeitan que, ao mesmo tempo, noutro lugar, un grupo de astrónomos detecta unha transmisión dende outra galaxia.

Non hai marxe para a dúbida: trátase da proba irrefutable da existencia de vida extraterrestre intelixente.

Sobrevivir nunha nova contorna

A poboación mundial espera sen alento a poder realizar novos contactos. Non teñen que esperar moito. En cuestión de días, a humanidade foi practicamente aniquilada e só uns poucos tratan de sobrevivir nunha contorna abatida e desértica.

Quen son estes atacantes e por que están empeñados na destrución da Terra?

Estamos diante dunha das historias máis impactantes e recoñecidas da ciencia ficción. Non é de estrañar que fose obxecto de múltiples versións e revisións.

O día en que Orson Wells ‘inventou’ unha nova forma de radio

“Hoxe sabemos que nos primeiros anos do século XX o noso mundo estaba a ser observado por uns seres máis intelixentes que o home e, con todo, igual de letais”. Así comezaba o programa de radio que revolucionou os medios e a sociedade a noite de Halloween de 1938.

O colapso

A narración do actor e futuro director de cine Orson Welles non só convenceu a miles de oíntes de que se producira unha invasión de marcianos, senón que desatou unha estampida de persoas que fuxían atemorizados antes a suposta invasión alieníxena. Colapsáronse as comunicacións, as rúas, as comisarías e os hospitais. Non creedes que estamos diante da primeira fake news da historia? Imaxínadevos o que pasaría hoxe en plena era das redes sociais.

A primeira historia de invasión extraterrestre

H. G. Wells escribiu ‘La Guerra de los Mundos’ con 32 anos. Unha fráxil saúde e unha desbordante imaxinación deron como resultado o que está considerado como o primeiro relato de invasións alieníxenas.

Tres anos antes, en 1895, o escritor xa apuntara maneiras con seu asalto á ciencia-ficción e á fama internacional con “La máquina del tiempo”. Ese só foi o principio. Da súa prolífica pluma xurdiron historias que foron das páxinas dos libros ás pantallas do cine e a televisión con gran éxito, como “El hombre invisible” ou “La isla del Dr. Moreau”.

Un inconformista

Escribiu novelas, relatos curtos, obras de crítica social, sátiras, biografías, autobiografías… e mesmo deseñou o primeiro xogo de mesa coñecido: “Little Wars”.

Wells era un inconformista nato, ávido lector, pacifista, darwinista, científico… Sabías que polos seus escritos relacionados coa ciencia lle puxeron o seu nome a un astroblema lunar situado na cara oculta da Lúa?

Preparado para a loita con “La Guerra de los Mundos” na televisión R?

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.