menú

O Giro de Italia, en Eurosport

08/05/2019
Blog R

Eurosport 1 emite en directo e en exclusiva a 102ª edición do Giro de Italia. Do sábado 11 de maio ao domingo 2 de xuño, vive o mellor ciclismo na televisión R.

De Bolonia a Verona

A coñecida carreira de ciclismo en ruta por etapas arrinca este ano en Bolonia e chega ao seu final en Verona.

O Giro de Italia é unha das tres competicións ciclistas denominadas “Grandes Voltas”, xunto co Tour de Francia e a Volta a España.

3.500 kms

Tres contrarreloxos individuais, seis etapas pensadas para os esprínters e cinco de alta montaña conforman o percorrido desta edición. Ademais, o Giro homenaxeará o mítico ciclista italiano Fausto Coppi no centésimo ano do seu nacemento cunha chegada a Castellania, a súa vila natal.

Con 21 etapas, máis de 3.500 quilómetros de percorrido e 22 equipos participantes, a gran volta italiana tivo como vencedor na súa última edición ao británico Chris Froome, que, por certo, este ano non participa.

Como ver o Giro de Italia en R

Podes ver o Giro de Italia se tes contratada a opción tv familia ou festa rachada da televisión R. Apunta o dial:

  • Galicia: dial 70
  • León e Cantabria: dial 80

Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.