menú

Garage TV e melloras nos paquetes festa e tv familia

12/06/2018
Blog R

Ola. Hoxe queremos comentarche unha noticia que cremos moi interesante para a televisión R. Porque lle damos a benvida a unha nova canle, a Garage TV. Está dispoñible no dial 76 para os que teñen contratado tv festa, tv familia, tv festa rachada e tv total.

Ademais, melloramos os contidos do paquete festa e tv familia. Tamén con máis deportes. Porque agora contarás coas canles Eurosport 2 (dial 71) e Motors TV (dial 75). Dende xa e, por suposto, de xeito gratuíto e sen que teñas que chamarnos para desfrutar desta mellora.

Garage TV

Como dicimos, Garage TV está xa no dial 76. Ademais, tes os seus contidos en rebobina e no deco 4K poderás gardar os seus programas no gravador na nube.

Como o seu nome indica, trátase dunha canle centrada nos deportes do motor. Polo que se che gustan tanto as dúas como as catro rodas, colle sitio no sofá e desfruta da adrenalina e da velocidade.

 

 

Fórmula 3, trial…

Garage TV ten moitos programas e competicións. Unha delas é a Fórmula 3, a antesala da F1. Colle lapis e boli, porque a primeira cita deste campionato é o 13 de xuño en Hungría.

Tamén podes desfrutar do Campionato Europeo de Camións, do de trial ou do Campionato Mundial de Motos Acuáticas.

 

 

Programas informativos

Ademais, contarás con programas informativos como GP Confidential (todos os secretos que necesitas para poñerte ao día na mellor competición de automóbiles do mundo), Panorama (o informativo semanal do mundo do motor) ou Lo mejor de Garage TV (un resumo semanal que te manterá ao día do que ocorre no mundo do motor).

Eurosport 2

Se tes un combo con tv festa ou tv familia, agora verás no dial 71 a canle Eurosport 2. Así complementas perfectamente a programación de Eurosport 1, con máis tenis, Superbikes, ciclismo, Fórmula E, squash, as 24 horas de Le Mans…

Motors TV

Para completar todas estas melloras, tamén incluímos nos paquetes festa e tv familia a canle Motors TV (dial 75). Se es un amante do motor, coñeces de sobra o que ofrece: TCR Europe touring, FIA WRC, FIM MX2 world championship, GT Cup UK, a Porsche Carrera Cup, FIA European Truck Racing Championship, Supercar Challenge, FIM World Superbike (WSBK), FIM Supermoto, FIM Super Enduro e moitas outras competicións.

Agardamos que che gusten estes cambios que fixemos para mellorar a televisión R. Como indicamos ao principio, as novas canles entrarán de xeito automático, sen que nos teñas que chamar.

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

27 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Miguel di:

    Agora sí, despois do aumento de xigas nas tarifas de mobil non contaba con outra nova tan boa pero acabádesme de sorprender gratamente, moitas grazas por estes cambios, agora unha subida gratuita de megas á velocidade mínima de internet na casa e seredes realmente competitivos, 60 megas fanse un pouquiño xustos hoxe en día. Saúdos e seguide así.

  2. Beatriz Rodríguez García di:

    Hola!
    Hecho bastante en falta un canal de televisión de Italia, es posible?

  3. Pit di:

    Garage tv, motors tv y eurosport 2 van a estar en tv comigo si tienes tv festa hd?

  4. Manu di:

    Hola esto esta muy bien todo lo que sea motor me parece genial…. pero necesito urgentemente MOTO GP Y LA la fórmula uno no estaría mal.

  5. Alberto di:

    Gracias por los nuevos contenidos,todo lo que sea aumentar las posibilidades de entretenimiento son bienvenidas.Enhorabuena R !!!

  6. Sisebuto di:

    ¿Vais a dejar de ofrecer M. Series y M. Series Xtra? Lo comento porque no aparece en los canales incluidos en vuestra web y en el pdf con los canales aparecen con un contorno gris (en vez de verde).

  7. Carlos di:

    Enhorabuena por ampliar deportes porque Movistar se nos hace muy atractivo en este campo.
    Estoy de acuerdo también en que deben incluir un canal de Italia.
    Así mismo negocien los derechos audiovisuales a fin de incluir a la TVE2 en el Rebobina.
    Gracias.

  8. Maria di:

    Bien para los amantes del deporte, la programación de series y peliculas es penosa. Es material repetido, un día tras otro.

    • Hola, Maria.

      En nuestro caso tenemos los canales de series más populares: FOX, AXN, TNT, AMC, Movistar Series, Series Xtra, Movistar Estrenos… Con muchos contenidos en rebobina, para ver cuando tú quieras, con total comodidad.

      Además, en nuestro deco 4K hemos implantado ahora un acceso directo a la plataforma Netflix, por lo que nuestros clientes tienen acceso a miles de contenidos completos y originales con algunas de las series más populares: Narcos, Stranger Things, etc.

      Es decir, que nuestra oferta de series y cine es muy completa. Tenemos diferentes paquetes con muchos canales y opciones, con lo que el cliente puede acceder a más contenidos.

      Un saludo.

  9. Miki di:

    Alguen me pode axudar?como fago pa unirme o canal de r que non o dou atopado,gracias