menú

FOXNOW, descubre en rebobina as mellores series de Fox e Fox Life

01/07/2021
Blog R

Que che parece desfrutar de máis de 1.000 episodios ao ano das mellores series de Fox e Fox Life? Con tempadas completas das principais franquías e todos os episodios da última tempada xusto despois da súa estrea na canle.

FOXNOW é un novo servizo que xa tes dispoñible en rebobina que che permite desfrutar gratis de todas as túas series favoritas de Fox e Fox Life. Aquí van algunhas suxestións.

‘911’

Eles son os primeiros en responder ante calquera emerxencia: policías, paramédicos e bombeiros. Os creadores Ryan Murphy, Brad Falchuk e Tim Minear reinventan o drama ‘9-1-1’, explorando novas perspectivas destes profesionais que buscan o equilibrio entre as vidas que deben rescatar e os seus propios problemas no traballo.

‘911: Lone Star’

Fai case 20 anos, Owen Strand, interpretado por Rob Lowe, foi o único sobrevivente da súa estación de bombeiros tras o ataque do 11 de setembro. Agora, Owen e o seu fillo loitan contra incendios en Texas, pero este bombeiro carga cun secreto que ben podería terminar coa súa vida.

‘New Amsterdam’

O Dr. Max Goodwin convértese no director médico dun dos hospitais públicos máis antigos dos Estados Unidos co obxectivo de reformar as instalacións abandonadas rompendo a súa burocracia para brindar unha atención excepcional aos pacientes.

‘The Walking Dead’

Os zombis máis famosos da televisión non necesitan presentación. Con FOXNOW poderás vivir, ou revivir, todas aquelas aventuras que marcaron un antes e un despois nesta historia ambientada nun mundo postapocalíptico arrasado por unha invasión zombi adaptada a partir dos cómics de Robert Kirkman.

FOXNOW é o teu aliado perfecto para un verán do máis seriéfilo no que non perder nin un detalle das mellores series de Fox e Fox Life. Desfrútao gratis no teu deco 4K accedendo a rebobina dende a túa televisión R.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

10 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Pili di:

    Hola:
    Ultimamente en varios episodios de series que he visto en rebobina se corta el final. Por ejemplo en 911 Lone star, etc