menú

FOX volve ao espazo con ‘The Orville’

15/01/2019
Blog R

FOX (dial 20) estrea o venres 18 de xaneiro, ás 22:00 h, a segunda entrega de ‘ The Orville’, a comedia de ciencia ficción que homenaxea con moito humor a mítica ‘Star Trek’. Risas con chiscadelas trekkies, na televisión R.

Seth MacFarlane é o produtor, guionista e protagonista desta nova comedia que está ambientada nun futuro moi afastado, dentro duns 400 anos. MacFarlane interpreta a Ed Mercer, o capitán dunha nave espacial que lidera unha tripulación pouco convencional, composta por humanos e alieníxenas, que terá que enfrontarse ás marabillas e ós perigos do espazo exterior.

Novos perigos axexan no espazo

Na segunda tempada, a tripulación de ‘The Orville’ ten que facer fronte a alieníxenas nunca vistos e tamén reencontrarse con vellos inimigos.

Ademais, realiza o seu primeiro contacto cunha nova civilización, mentres a relación entre Ed e Kelly (Adrianne Palicki) vive un novo xiro que fará que os novos episodios estean cheos de aventura, misterio e romance.

O elenco de ‘The Orville’ complétase con Penny Johnson Jerald (’24’), Scott Grimes (‘Padre made in USA’), Peter Macon (‘Shameless’), Halson Sage (‘Vecinos’), J.Lee (‘Padre made in USA’), Mark Jackson (‘The Royal Today’), Chad L.Coleman (‘The Walking Dead’) e unha nova compañeira de aventura que é Jessica Szohr (‘Gossip Girl’).

Seth MacFarlane, un talento todoterreno

‘The Orville’ é a última aventura televisiva de Seth MacFarlane (‘Padre de familia’, ‘Ted’). El parece posuír o talento suficiente para triunfar en todos os ámbitos da industria do entretemento. É o creador dalgúns dos contidos máis populares da televisión e do cine dos últimos anos e, ademais, segue ampliando os seus horizontes: aventurouse no mundo da música, da literatura e da filantropía.

Unha auténtica homenaxe ‘trekkie’

‘The Orville’ é un todo un tributo a ‘Star Trek’, unha homenaxe con moito humor á mítica franquía. Os fans da saga atoparán moitas e numerosas chiscadelas, non só aos episodios que se emitiron nos 90, senón tamén ás raíces da serie orixinal de finais dos anos 60.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.