menú

FOX Life estrea ‘Single Parents’

03/01/2019
Blog R

Compaxinar os fillos con novos amores é a difícil aventura na que están inmersos os protagonistas de ‘Single Parents’, comedia que chega a FOX Life (dial 28) o martes 8 de xaneiro ás 22:10 h. Risas garantidas na televisión R coa nova comedia de Liz Meriwether, creadora de ‘New Girl’.

Un grupo de pais solteiros enfróntase á dura tarefa de criar os seus fillos mentres tentan iniciar novas relacións. Esa é a base de ‘Single Parents’, a serie creada por Liz Meriwether (‘New Girl’) e protagonizada por Taran Killan (‘Saturday Night Live’) e Leighton Meester (‘Gossip Girl’).

As citas, todo un reto

A historia comeza coa chegada de Will, un home de trinta anos que, por ser tan sobreprotector coa súa filla, xa non sabe ocuparse de si mesmo. Por iso, o resto dos membros do grupo tratan de demostrarlle que para ser bo pai non necesita esquecerse del nin descoidarse e deciden introducilo no mundo das citas.

O resto do elenco compóñeno Kimrie Lewis (‘Peeples’) como Poppy Banks; Jake Choi (‘Hawái 5.0’) como Miggy Park; Marlow Barkley como Sophie Cooper; Tyler Wladis (‘A Christmas Story Live!’) como Graham D’Amato; Devin Trey Campbell (‘Last week tonight with John Oliver’) como Rory Banks; Sadie Hazelett (‘¿Tenía que ser él?’) como Amy; e Brad Garrett (‘Fargo’) como Douglas Fogerty.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.