menú

FOX Life estrea ‘Nurses’

07/04/2021
Blog R

Alguén dubida a estas alturas de que os hospitais están repletos de heroes e heroínas cotiáns/ás que se enfrontan cada día a toda unha infinidade de doenzas, urxencias e contratempos que poñen a proba a súa resistencia profesional e persoal? A nova aposta de FOX Life, ‘Nurses’, está protagonizada por mulleres e homes que dedican as súas vidas a axudar aos demais mentres descubren como axudarse a si mesmos.

O complicado día a día no hospital

‘Nurses’ preséntanos a cinco mozos e mozas que traballan na primeira liña do hospital St. Mary’s.

Un parto prematuro, as feridas dunha vítima dun ataque terrorista e un paciente que necesita un transplante de pulmón son algúns dos casos aos que deben enfrontarse os nosos cinco protagonistas no seu atarefado día a día.

Un equipo recoñecido

Adam Pettle, responsable de éxitos televisivos como ‘Rookie Blue’, é o creador desta ficción canadense ambientada no mundo sanitario e protagonizada por Tiera Skovbye, Natasha Calis, Jordan Johnson-Hinds, Sandy Sidhu e Donald Maclean.

Lembra: o xoves 8 de abril, ás 22:50 h, recibimos na televisión R a ‘Nurses’. Non perdas a súa estrea en FOX Life e lembra que tamén terás dispoñibles os capítulos en rebobina tras a súa emisión.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.