menú

FOX estrea “El general Naranjo”

15/01/2020
Blog R

A loita contra o narcotráfico chega á televisión R da man de “El general Naranjo”, a nova serie que estrea FOX o luns 20 de xaneiro ás 22:00 h, inspirada na vida do exdirector da Policía Nacional e exvicepresidente de Colombia Óscar Naranjo, unha figura clave na loita contra o “narcocrime” en Colombia.

Unha historia marcada pola situación do país

A serie céntrase na súa historia e tamén na de Colombia nas últimas décadas. Está contada dende o punto de vista de quen fixeron o posible por manter a orde e a lei fronte a Pablo Escobar, o paramilitarismo, os cárteles da droga e as FARC.

Unha coidada produción

O protagonismo da serie recae en Christian Meier no papel de Óscar Naranjo.

O creador da serie é Luis González, baseándose no libro do xornalista colombiano Julio Sánchez Cristo titulado “El general de las mil batallas”.

A banda sonora está interpretada por varios artistas de renome, entre eles, Alejandro Sanz.

“El general Naranjo” xa foi renovada por unha segunda tempada.

Como ver “El general Naranjo” na televisión R

Só debes ter a opción tv ocio da túa televisión R. FOX está no dial 20.

Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí. Lembra, ademais, que tes todos os episodios da serie dispoñibles en rebobina para velos cando queiras.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.