menú

Chega a FOX a décima tempada de “The Walking Dead”

03/10/2019
Blog R

Os zombis volven á televisión R. O luns 7 de outubro, ás 22:00 h, FOX estrea a décima entrega da serie “The Walking Dead”.

Tan só 24 horas despois da súa estrea en EE.UU., “The Walking Dead” volve a FOX. Ademais, como en anteriores ocasións, a canle daralles a oportunidade de vela aos seguidores máis apaixonados da ficción de vela na madrugada do domingo 6 ao luns 7 de outubro, nunha emisión case simultánea con Estados Unidos, ás 03:30 h da madrugada.

Obxectivo: sobrevivir

Pasaron uns meses dende o final da tempada 9, cando o noso grupo de sobreviventes se atreveu a cruzar ao territorio dos Susurradores durante o duro inverno. Agora chegou a primavera e as comunidades aínda están lidando coas secuelas do temible despregamento de poder dos Alpha. Poderá sobrevivir a civilización nun mundo cheo de mortos?

Entre despedidas e reencontros

Esta nova entrega será a última de Danai Gurira no papel de Michonne. Desatarase unha nova guerra tanto contra os mortos viventes como contra Os Susurradores de Alpha. Pero, tal e como compartiu Angela Kang na Comic-Con de San Diego, o momento máis épico será o encontro de Carol e Alpha para saldar o que Alpha lle fixo ao fillo de Carol, Henry.

Pola súa banda, Negan, o que foi unha das maiores ameazas para os protagonistas da serie, xogará un papel único nesta nova guerra.

Novas incorporacións

Entre as novidades desta tempada destacan as incorporacións ao elenco de actores como Kevin Carroll no papel de Virgil, un home desesperado por regresar á casa coa súa familia; e Thora Birch como Gamma.

A serie continúa co seu formato clásico de 16 episodios por tempada emitidos en dúas quendas, a primeira dende o 7 de outubro ata decembro e a segunda a partir do mes de febreiro.

Como ver “The Walking Dead”

Só debes ter a opción ocio da túa televisión R. E sintonizar o dial 20. Lembra ademais que tes os episodios das túas series favoritas en rebobina.

Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.