menú

‘Fleabag’, a cara máis provocadora de COSMO

02/10/2020
Blog R

Coñeces a ‘Fleabag’? É a nova cara de COSMO: unha muller solteira, divertida, sarcástica, con máis defectos que virtudes, cunha vida sexual intensa e cun negocio a un paso da creba.

A nosa antiheroína enfróntase aos seus propios demos, á morte da súa mellor amiga e a unha familia na que non se sente integrada: o seu pai está a piques de casar coa súa madriña, á que odia, e a súa irmá (todo o oposto a ela), é exitosa nos negocios pero está atada a unha relación sentimental que a fai moi infeliz. Aínda por riba, comezará unha complicada e moi carnal relación cun sacerdote.

Entre o humor negro e o politicamente incorrecto

‘Fleabag’ foi escrita e creada por Phoebe Waller-Bridge, a recoñecida guionista de ‘Killing Eve’, quen ademais interpreta á protagonista, unha moza treintañera que se recrea na súa peculiar visión do mundo con doses de humor negro e incorrección política. Non se nos revela o seu nome e é simplemente ‘Fleabag’, algo así como un saco de pulgas na súa tradución do inglés. Así se sente ela.


‘Fleabag’ déixase levar pola frenética vida de Londres, os días e as noites. Sen filtros, sen prexuízos, a protagonista ten sexo con calquera que se atreva a achegárselle demasiado, saca diñeiro de onde sexa, rexeita calquera tipo de axuda e mantén o seu descaro e a súa visión crítica e sarcástica en todo momento.

O resto dos personaxes son igual de disfuncionais e complicados; entre eles, unha irmá ‘perfecta’ pero infeliz ou unha madriña egoísta interpretada pola oscarizada Olivia Colman.

A serie fai uso habitual da ruptura da denominada cuarta parede, así que a protagonista interrompe constantemente a escena para interactuar co espectador e buscar a súa complicidade.

Crítica e público desfixéronse en eloxios cara á súa creadora e protagonista e cara á serie, gañadora de 50 premios, incluíndo dous Globos de Ouro e varios Emmy.

‘Fleabag’ espérate na nosa televisión R os domingos, a partir do 4 de outubro, ás 22:00 horas. Apúntaste?

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.