menú

Desfruta do final de ‘Juego de Tronos’ en R

02/04/2019
Blog R

‘Juego de Tronos’ despídese na súa oitava tempada. A madrugada do domingo 14 ao luns 15 de abril, chega o fin da serie máis popular á televisión R.

Cada batalla. Cada traizón. Cada risco. Cada loita. Cada sacrificio. Cada morte. É todo polo Trono.

O inverno chegou, os camiñantes brancos liderados polo Rei da Noite invaden Poñente e só hai dous bandos posibles: os vivos e os mortos.

‘Juego de Tronos’ despídese con seis episodios de máis dunha hora de duración, os máis longos e caros da serie, que supoñen o peche á saga televisiva baseada nas novelas de George R. R. Martin tituladas ‘Canción de Hielo y Fuego’.

O Trono, o que todos desexan

Un trono creado con espadas dos inimigos vencidos sitúa esta trama de fantasía medieval onde as guerras, as traizóns e o poder estruturan a encarnizada loita dos habitantes de Poñente. Sete familias loitaron entre elas en conspiracións e traizóns sen fin para obter o trono de ferro da capital e así controlar o Reino.

Robert Baratheon, o monarca, teme que haxa unha conspiración na súa contra e por iso pídelle ao seu amigo Eddard Stark que sexa a súa nova man e conselleiro, xa que o anterior morreu. Eddard, un señor do Norte, múdase á capital coas súas dúas fillas: Arya e Sansa, só para verse envolto en mil intrigas que rodean a morte do anterior conselleiro.

7 reinos

Ao extremo norte de Poñente, John Nieve, o bastardo de Edd, decide ingresar na Garda da Noite, un grupo de soldados que protexen os 7 reinos contra os salvaxes e monstros que hai alén do Gran Muro. Malia que sempre quixo encaixar, John ten sobre as súas costas o estigma de ser o bastardo de Eddard Stark e ten que facerse valer nunha orde tan antiga como rencorosa.

Alén do mar, Viserys Targaryen, o lexítimo herdeiro ao trono, desterrado por Robert Baratheon tras a gran guerra, vende como esposa e escrava a súa irmá Daenerys a un líder dun clan de soldados dacabalo, os dothrakis. Aínda que Daenerys é unha khaleesi (ou raíña), Khal Drogo trátaa como a unha escrava e humíllaa. Coa presión do seu irmán Viserys e do seu novo clan, Daenerys terá que aprender como ser unha raíña, como gañar a confianza do seu marido e como conseguir reconquistar o trono antes que o resto.

As tramas sucédense nesta serie infestada de perigos, intrigas, desexos e erros humanos que a miúdo cambian o curso da historia.

Como ver ‘Juego de Tronos’ en R

Podes ver ‘Juego de Tronos’ se tes contratada a opción máis series.

  • Dial 30: Galicia
  • Dial 29: León

Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

12 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar MARIA di:

    Seria interesante que estuviera disponible la t7 en rebobina para verla antes de la t8

  2. Avatar Juan di:

    Hola.

    Me gustaría saber si estará disponible en rebobina para poder verlo en cualquier momento, o si solo se podrá ver en el horario que sea emitido cada capitulo.

    Muchas gracias.

  3. Avatar Pilar Couce di:

    Sólo la habrá subtitulada ? O también con traducción?

  4. Avatar Manuel Vázquez di:

    Desde el día viernes mande a activar el paquete de ese canal y hoy lunes aún no lo tengo

  5. Avatar Antonio di:

    Como se puede ver Juego de Tronos en castellano?

  6. Avatar Antonio di:

    Olá, eu teño o Combo sen 100 ocio HD. Na factura desde mes di que por 2,5 eur (6 meses) podes ver GoT. A ligazón non funciona e non vexo a información. Se contrato esta opción podo ver todas as tempadas de GoT?
    Graciñas