menú

Festival Sundance en Londres

07/06/2019
Blog R

O Sundance Film Festival de Londres é o maior festival de cine independente de Europa.

Dende SundanceTV poderás desfrutar de estreas exclusivas que conseguiron a atención do público no Festival. Poderás velas todos os luns de xuño, ás 22:30 h.

Estreas exclusivas

  • Luns 10 de xuño, poderás desfrutar de “Lemon” (2017).

Isaac Lachmann ten 40 anos, é un home en caída libre paralizado pola mediocridade e un desastre.  A sú carreira non avanza, e a súa moza dende hai 10 anos está pensando en abandoalo. A súa familia, só lle recorda que é un fracasado.

Película nomeada ao premio Audiencia no Festival de Sundance na categoría Best of Netx.

  • Luns 17 de xuño, “La reina del miedo” (2018).

A Robertina, unha das actrices máis aclamadas na Arxentina, só lle queda un mes para a estrea da obra que definirá toda a súa carreira. Robertina descoida obsesivamente todas a súas responsabilidades profesionais para ter desacordos cos seus axudantes e pasar os días nun estado constante de ansiedade, evitando tamén os ensaios da obra. Converte así o seu idilico mundo nunha curiosa paisaxe de fobias absurdas e intrigas domésticas.

A actriz, Valeria Bertuccelli, conseguiu un premio no Festival de Málaga e un Premio Especial do Xurado no Festival Sundance pola súa interpretación.

  • Luns 24 de xuño, ” Vida de familia” (2017)

Unha moza pasa algunhas semanas coidando a casa dun parente de lonxe e desfruta da comidade da súa vida en Santiago. Pronto coñece unha veciña que comeza e finxe que a casa e súa para conseguir os seus desexos.

Película nomeada ao Gran Premio do Xurado en Sundance.

Onde ver estas estreas

Poderás ver todo este contido, se tes contratada a opción cine na túa televisión R. Se aínda non dispós desta opción pero che gustaría desfrutar destas e doutras emisións, non dubides en contratar a través deste mesmo enlace e nun par de horas estarás gozando de todo o contido.

Lembra sintonizar o dial correcto:

  • Galicia: dial 9
  • León e Cantabria: dial 42

Se non podes ver algunhas das películas, teralas dispoñibles a través do noso servizo de televisión baixo demanda, rebobina. Desta forma, terás o contido sempre dispoñible para ti.

Se tes calquera pregunta, non dubides en contactar con nós.

Un saúdo.

 

 

 

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.