menú

As mellores pelis do Festival de Cine de Xixón, gratis en rebobina

06/11/2018
Blog R

Cine na televisión R. Dende o luns 5 ao venres 30 de novembro, está dispoñible gratis en rebobina un especial do Festival Internacional de Cine de Xixón.

O especial compóñeno tres bloques temáticos: ‘As 5 de Bergman’, con cinco películas do xenial director sueco; ‘O mellor cine da década’, un quinteto de títulos de temáticas e xéneros diversos que se converteron en clásicos nos últimos anos; e ‘O FICX recomenda cine clásico’, unha selección de films idónea para os amantes da sétima arte.

‘As 5 de Bergman’

‘El séptimo sello’: A praga da peste negra arrasa Europa. O cabaleiro Antonius Block volve á casa, en Suecia, despois de anos de combater inutilmente nas Cruzadas. Atorméntano as súas dúbidas sobre Deus e o sentido da existencia. E a Morte aparéceselle para reclamar a súa vida.

‘Gritos y susurros’ (un Oscar): Tres irmás reúnense despois de moito tempo sen verse ante a inminente morte dunha delas. O encontro permítelles lembrar o pasado. A irmá enferma, xa agónica, desvelará a parte máis escura da súa personalidade.

‘La hora del lobo’: O artista Johan Borg e a súa muller Alma viven un retiro nunha pequena illa. A muller atopa un caderno cuns sinistros debuxos, que representan os horribles pesadelos que sofre o seu marido.

‘Persona’: Elisabeth, unha famosa actriz de teatro, é hospitalizada tras perder a voz durante unha función. O diagnóstico sinala que está sa, pero ela continúa sen falar. Unha enfermeira, Alma, encárgase de coidala nunha solitaria casiña xunto ao mar.

‘Como en un espejo’: Un escritor, sempre ocupado e de carácter frío e distante, visita os seus fillos, un adolescente e unha moza con problemas mentais casada cun médico que a coida con gran tenrura na solitaria illa na que viven.

‘O mellor cine da década’

‘Ernest & Celestine’ (nominada aos Oscar): Dentro da comunidade dos osos, os ratos non son moi ben recibidos. Aínda así, Ernest, un oso músico ambulante un pouco rosmón pero de gran corazón, acolle na súa casa á pequena Celestine, unha ratiña orfa.

‘Las películas de mi vida, por Bertrand Tavernier’: Bertrand Tavernier é un amante do cine. Preséntanos unha aguda e persoal aproximación ao cine francés, ás películas, directores, compositores e diálogos que máis lle gustaron ao longo da súa vida.

‘Macbeth’(con Michael Fassbender e Marion Cotillard): Macbeth, duque de Escocia, recibe unha profecía dun trío de bruxas que di que un día se converterá en rei de Escocia. Consumido pola ambición e alentado á acción pola súa propia muller, Macbeth asasina ao rei e ocupa o seu trono.

‘Uno tras otro’: Nils é un tipo agradable de bos modais que traballa como condutor quitaneves nas montañas de Noruega. Cando o seu fillo morre por unha sobredose de drogas, Nils négase a crer nos resultados do informe policial.

‘La autopsia de Jane Doe’: O corpo dunha moza sen identificar aparece nunha pequena vila de Virxinia. No depósito de cadáveres, os dous forenses pronto observan evidencias físicas moi estrañas.

‘O FICX recomenda cine clásico’

‘Adiós, muchachos’: Francia, durante a ocupación nazi. Julien estuda nun internado católico. Bonnet é un novo estudante cunha misteriosa personalidade. Ambos fanse amigos e Julien descobre o que o diferencia de Bonnet: el é ario e o seu amigo é xudeu.

‘Alicia en las ciudades’: O xornalista alemán Felix Winter percorre os Estados Unidos buscando inspiración para escribir un libro, pero como nin sequera consegue empezalo, o seu editor cancela o contrato. De volta a Alemaña, coñece unha muller no aeroporto.

‘Boiling Point’ (dirixida por Takeshi Kitano): Película xaponesa na que dous membros dun equipo de béisbol junior se ven mesturados coa yakuza local. Despois de que o seu adestrador sexa ferido pola mafia, os dous mozos van a Okinawa para facerse cunha arma e vingarse.

‘El fantasma de la libertad’: Obra episódica na que Buñuel nos leva por unha travesía que pasa por unha elegante velada con convidados sentados en inodoros, uns monxes xogando ao póker con medallas relixiosas, unha enfermeira aloxada nun estraño hotel e uns oficiais de policía ineptos.

‘El manantial de las colinas’: O xorobado e bondadoso Jean de Florette deixa a cidade para instalarse nunha contorna rural xunto á súa muller e filla. Malia a súa ilusión por consolidar a súa nova forma de vida, non tardan en sufrir verdadeiras calamidades por mor dunha prolongada seca.

‘Juegos prohibidos’: 1940. Paulette, unha nena parisiense de cinco anos, queda orfa tras un ataque da aviación alemá. Escapando do caos, atopa refuxio no seo dunha humilde familia de granxeiros e faise amiga do pequeno da casa, Michel.

‘Los cuentos de Hoffmann’: Hoffmann é un estudante universitario especialmente infeliz nos asuntos do corazón. O raparigo asiste a un ballet e namórase de Stella, unha das bailarinas do espectáculo.

‘Ocho sentencias de muerte’: Louis Mazzini é un mozo ambicioso e sen escrúpulos que proxecta vingar a afronta que a aristocrática familia D’Ascoyne, á cal pertence, lles provocou a el e á súa nai. O plan consiste en eliminar a todos os membros da familia que o preceden na sucesión ao título de Duque.

‘París, bajos fondos’: París, 1898. Marie é unha bela prostituta. Trae de cabeza a todos os homes do barrio vello de Montmartre e entre eles, a Roland, o seu actual noivo. Pero Marie descobre o amor verdadeiro cando coñece a Georges Manda, un humilde carpinteiro.

‘Quemado por el sol’: Oscarizada película protagonizada por un heroe militar da revolución bolxevique, o coronel Kotov, que vive unha idílica existencia xunto á súa nova muller e á súa filla, ata que se ve ameazado pola aparición dun misterioso personaxe relacionado co pasado da súa muller.

En novembro, o cine espérate en rebobina.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

5 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Pedro Cachaza di:

    Boa selección.
    Espero que non sexa a derradeira.

  2. maria eugenia di:

    Hay películas que aquí promocionan en rebobina ,pero en realidad no están disponibles ej.La autopsia de Jane Doe.
    Si es fallo mío por favor indicármelo .Gracias.