menú
Featured Video Play Icon
Featured Video Play Icon

O Festival de Cannes, protagonista en TV5Monde

03/05/2018
Blog R

Como cada ano, maio é tempo de alfombra vermella en TV5MONDE (dial 201), que preparou unha programación especial dedicada ao Festival de Cannes.

Entrevistas exclusivas en vivo dende a Croisette, películas nominadas e galardoadas en Cannes, retratos de grandes nomes do cine e unha marabillosa viaxe pola historia da sétima arte; en definitiva, unha programación á altura do festival de cine máis importante.

Cine, cine e máis cine

A programación especial arrinca o xoves 3 de maio, ás 21:00 h, coa película ‘My little princess’, protagonizada por Hannah, unha fotógrafa caprichosa e nai escurridiza que lle pide á súa filla Violetta que se converta na súa modelo.

O xoves 10, emítese ‘Je suis un soldat’, un drama social conmovedor no que se mesturan relacións familiares e engrenaxes criminais.

‘La France’ é a película que se emite o domingo 13 de maio. Ambientada no outono de 1917, conta a historia de Camille, que vive dependendo das noticias do seu marido na fronte.

‘Ava’ é unha nena de 13 anos que descobre que pronto perderá a vista e por iso decide vivir con urxencia a súa adolescencia. O filme emítese o xoves 17.

‘Chouf’ é o nome dos observadores das redes de drogas de Marsella e tamén o título da cinta que se emite o domingo 20.

Un repaso á historia de cine

A programación especial inclúe tamén o programa ‘Retratos de cine’ os martes ás 18:40 h. Os irmáns Lumière presentan o cinematógrafo en 1895. O entusiasmo público é inmediato. Así é como comeza a aventura industrial para dous emprendedores enxeñosos: Charles Pathé e Léon Gaumont. Eles son os protagonistas o martes 15 de maio. Pero non son os únicos; en diversas entregas, o programa fíxase tamén en empresarios, actores ou directores de renome, como Vincent Lindon, Claude Sautet ou Bernard Blier.

A cobertura especial complétase con documentais como ‘Voyage à travers le cinéma français’, centrado na figura do director Bertrand Tavernier, ou ‘Le scandale Clouzot’, retrato dun home escurridizo e cineasta visionario.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.