menú

A música de febreiro en Tolemias

04/02/2019
Blog R

Tolemias amósanos en febreiro como a música clásica se pode combinar co rock e mesmo cos sons máis tradicionais. Estas son algunas das novidades deste mes na subscrición Tolemias da televisión R.

Vigo 430: Symphonic Aysedeniz

205 anos separan a morte de Mozart do nacemento de Coldplay. Todo un mundo separa a música clásica do rock. Aínda así, as conexións entre eles son múltiples. Así o demostra a pianista turca AyseDeniz, protagonista da estrea mundial en Vigo dun concerto rockeiro para piano e orquestra que combina revolucionariamente música clásica e rock. Mozart, Liszt, Pink Floyd, Muse, Coldplay e Queen son igualmente innovadores, provocadores, rebeldes e notorios, cada un no seu tempo e estilo.

Korpiklaani

É unha banda finlandesa de folk metal formada en Lahti en 2003. A banda xorde da disolución do mítico grupo de metal Shaman. A maioría das cancións de Korpiklaani están baseadas no folk finlandés típico, pero cun toque de metal, a diferenza da tendencia xeral destas formacións, que habitualmente usan o folk como un impulso a partir do metal. Concerto no Festival da Carballeira no 2003.

Beltaine

É unha banda de fusión celta formada por músicos con anos de experiencia en música étnica, folk, rock e jazz, o cal marca a forma de interpretar a música tradicional en Polonia. A banda actuou en todo o mundo e a súa última obra foi premiada no seu país como a mellor obra de música tradicional do ano.

Skerryvore

Grupo escocés de rock celta formado por Tiree, Argyll e Bute en 2004. O grupo tomou o seu nome do faro de Skerryvore, que se atopa a 12 millas (19 quilómetros) da costa de Tiree. Skerryvore lanzou cinco discos de estudo, cunha versión adicional ‘deluxe’ na que se inclúen algúns temas en directo.

Heredeiros da Crus

É un grupo de rock galego fundado en 1992 por Antón Axeitos (Tonhito de Poi), Antonio Novo (Tuchiño) como guitarrista, Francisco Velo (O Jran Fran) como baixo e Javier Vázquez Maneiro (Jarfuxo) como voz. Dende a súa fundación, pasaron polo grupo varios baterías, sendo o último Manu Rey, que completa a formación xunto a Quique Otero no teclado. Rock con letras costumistas cargadas de humor que marcaron a varias xeracións da nosa terra.

Lazy Lester & Lazy Boots

Leslie Johnson foi descuberto polo lexendario J.D. Miller, quen percibiu as habilidades de Johnson na guitarra e na batería, así como esa personalidade despreocupada que o levou a ser bautizado co pseudónimo Lazy Lester. Hoxe é unha lenda viva do blues que segue cativando o público que aprecia o seu inconfundible estilo, situado na época de ouro do blues.

Koji Koji Moheji

O grupo do xaponés Koji Koji Moheji aterra no mellor escenario da música folk do mundo como finalista do concurso Runas 2017. Koji Koji decláranse amantes incondicionais da música galega.

Angela Brown – Vilablues 2017

Concerto no Festival Vilablues, celebrado en Vilagarcía de Arousa o 8 de xullo de 2017. Nacida en Chicago, esta artista de soul e blues comezou a súa carreira cantando o Evanxeo en igrexas e escolas. Nos anos 80, foi membro da Erwin Helfer & The Chicago All Stars, coa que fixo a súa primeira xira por Europa. É coñecida como a Bessie Smith dos 80 pola súa poderosa voz.

Subscríbete a Tolemias por 2,99€/mes (IVE incluído).

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.