menú

Desde o 22 de xullo, R ofrécelles a todos os seus clientes Eurosport 1, para que non perdades os Xogos Olímpicos de Tokio 2020

22/07/2021
Blog R

Un ano despois do previsto e tras meses de incerteza, miles de deportistas de todo o mundo protagonizarán o verán deportivo máis esperado competindo nos Xogos Olímpicos de Tokio 2020. Na televisión R non queremos que perdades o maior espectáculo deportivo do mundo, e por iso poñemos ao dispor de todos os nosos clientes a canle Eurosport 1 a partir do xoves 22 de xullo. Porque dende o 23 de xullo ata o 8 de agosto, os Xogos Olímpicos de Tokio vívense en Eurosport 1 a través da televisión R.

Na televisión R viviremos con especial emoción estes Xogos nos que están presentes os nosos deportistas galegos, entre eles a nosa atleta Ana Peleteiro; o campeonísimo Javier Goméz Noya; os regatistas Iago López e Nico Rodríguez; a skater Julia Benedetti ou o porteiro de balonmán Rodrigo Corrales. Estamos seguros de que non nos decepcionarán 🙂

O mellor equipo para contarnos a cita olímpica

Grandes nomes do deporte español como Álex Corretja, Alberto Contador, José Javier Hombrados, Chus Rosa, Chema Martínez, Ángel ‘el pájaro’ Rodríguez, Javier Hernánz y Rafa Pascual, entre outros, forman o equipo de expertos olímpicos de Eurosport que nos trasladarán todo o que ocorra en Tokio durante a cita olímpica. Ibai Llanos, referencia do mundo do streaming e os eSports, únese ao equipo de Eurosport para comentar e realizar a súa particular análise dos partidos de baloncesto, e a medallista olímpica Lydia Valentín será a embaixadora de Eurosport durante estes Xogos Olímpicos de Tokio 2020, narrando en primeira persoa a súa experiencia durante a súa estancia na cidade nipoa, onde optará á súa cuarta medalla olímpica.

46 deportes e 321 deportistas españois

Os Xogos Olímpicos de Tokio 2020 serán únicos en todos os sentidos. Por unha banda será un evento que baterá o récord en canto a número de competicións: 46 deportes estarán representados nun total de 339 probas. Ademais, 5 novos deportes formarán parte do programa olímpico nesta edición: kárate, escalada deportiva, surf, skateboarding e béisbol.


A igualdade de xénero tamén é unha característica clave de Tokio 2020, pois cada nación estará representada por unha parella de abandeirados mixta por primeira vez na historia, sendo Saúl Craviotto e Mireia Belmonte os representantes españois. Ademais, en apoio á igualdade no deporte, introduciranse 9 competicións mixtas novas en judo, tríatlon, atletismo, tiro con arco, tiro, tenis de mesa e natación.

Ademais das competicións en directo, Eurosport 1 emite tamén en vivo a Cerimonia de Apertura o venres 23 de xullo, a Cerimonia de Clausura do domingo 8 de agosto e o magazine diario ‘Big in Japan’, presentado por Álex Corretja, Miguel Ángel Méndez e Marta Sánchez Bellas, que repasa o mellor de cada xornada en Tokio.

Así que xa sabes, non perdas nin un detalle da cita olímpica con Eurosport 1 a través da televisión R. E a partir de setembro podes gozar de Eurosport 1 dentro do paquete TV total.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

13 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Xos di:

    Ola
    Ten a competencia até 9 canles eurosport algúns en UHD (4K) pero bueno vos anunciade como se inventarades algo!! Cada un….?
    Saúdos

  2. Enfadada di:

    Una auténtica vergüenza. No dais un canal gratis sino que lo sacáis. Euroesport 1 y 2 hasta ese día 22 los tenía en la lista de canales de mi combo y ahora resulta que va a desaparecer el 1 a partir de septiembre y el 2 ya desapareció. Así que si quiero seguir teniéndolos tengo que pagar más de lo que venía pagando y contratar la tv total que llamáis. Vaya engaño. Además no sólo desaparecieron los canales de deportes de mi combo sino también el canal d casa. Precisamente por estos canales había contratado la tv en su día. Coincidencia que desaparezcan los que más veo ?. Me daré de baja de la tv o mejor aún cambiaré de compañía todas las líneas, Internet y la tv. Todo un engaño y estafa. Y encima pretenden venderlo como un regalo. Ja ja gratis canal euroesport. Auténtica verguenza

  3. vicente di:

    Hola!! Teño contratado o combo total con Movistar estrenos e agora pasase a chamar Movistar estrenos 2. Hay algún cambio?