
Cita en Eurosport cos mellores deportes de inverno
Durante o mes de decembro, os amantes dos deportes de inverno podedes desfrutar en Eurosport das mellores citas do calendario coa emisión en directo de distintas probas da Copa do Mundo de disciplinas como Combinada Nórdica, Saltos de Esquí, Biatlón, Esquí de fondo, Esquí Alpino e Esquí Freestyle.
Copa do Mundo de Snowboard
Os sábados 12 e 19 e o venres 18 regresa unha das disciplinas que quedaban por disputarse neste 2020, o Snowboard, coa celebración de tres probas do calendario en Austria (Montafon), Italia (Cortina d’Ampezzo) e Estados Unidos (Copper Mountain). Tres citas que se unen ás diferentes Copas do Mundo e campionatos internacionais en emisión en Eurosport dende o mes de outubro.
Saltos de esquí
Dende o luns 28 de decembro ao mércores 6 de xaneiro, cita co torneo 4 Trampolines. Durante 10 días, os mellores saltadores compiten en catro trampolíns, disputándose dous eventos en Alemaña no mes de decembro (Oberstdorf e Garmisch-Partenkirchen) e dous en Austria no mes de xaneiro (Innsbruch e Bischofshofen).
Eurosport emite, en directo e en exclusiva, os tradicionais saltos de esquí de Aninovo, unha cita do Nadal emblemática, non só para os seguidores deste deporte, habitual cada ano nas retransmisións de Eurosport.
Listo/a para a neve? Non perdas os mellores deportes de inverno en Eurosport coa televisión R.
1 comentario
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
No podré verlo en mi tableta.
Son incapaces de resolver una incidencia que se produjo cuando me dieron de alta hace mes y medio …