menú

Eurosport acompaña a Javier Fernández no seu último Campionato de Europa

21/01/2019
Blog R

O español Javier Fernández buscará o seu sétimo ouro consecutivo no Campionato de Europa que se celebra en Minsk dende o mércores 23 ao sábado 26 de xaneiro. Eurosport 1 (dial 70) e Eurosport 2 (dial 71) emiten en directo a competición. A mellor patinaxe, na televisión R.

A despedida dun campión

O Campionato de Europa de Patinaxe Artística sobre Xeo vivirá na súa edición de 2019 unha despedida moi especial. O madrileño Javier Fernández colgará as botas como profesional tras a celebración dunha competición que gañou de maneira consecutiva dende 2013.

Dúas veces campión do mundo e bronce nos pasados Xogos Olímpicos de PyeongChang, Javier Fernández anunciaba a finais de novembro a súa retirada das pistas de xeo.

Xunto a Fernández, Javier Raya e Héctor Alonso Serrano forman a representación española masculina. En parellas, Laura Barquero e Aritz Maestu pelexarán por facerse coas medallas. Outras das grandes estrelas que tamén estarán presentes en Minsk son Slavik Hayrapetyan, Yakau Zenko, Roman Galay e Matteo Rizzo.

Miguel Ángel Yáñez e Marta Senra serán os encargados de narrar e comentar todo o que aconteza sobre a pista de Minsk con especial interese na participación de Javier Fernández e a súa última oportunidade de volver facer historia.

Axenda da competición

mércores, 23 de xaneiro de 2019

  • ‘Programa corto femenino’. 13:00 – 16:00 h
  • ‘Programa corto por parellas’. 17:45 – 20:45 h

xoves, 24 de xaneiro de 2019

  • ‘Programa corto masculino’. 12:45 – 16:45 h
  • ‘Parellas – programa libre’. 18:00 – 20:45 h

venres, 25 de xaneiro de 2019

  • ‘Mulleres: programa libre’. 17:00 – 19:55 h

sábado, 26 de xaneiro de 2019

  • Minsk. 15:30 – 18:30 h

Sigue a despedida do campión español na televisión R.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.