menú

Estreamos La guerra del planeta de los simios

08/03/2019
Blog R

O sábado 9 de marzo, ás 23:40h, estreamos na nosa canle Movistar Estrenos (dial 9) a última película da saga, La guerra del planeta de los simios.

Todo sobre La Guerra

Esta entrega ten máis emoción ca nunca, xa que César e a súa xeración de simios xeneticamente evolucionados vense forzados a loitar a morte contra un exército de humanos dirixidos por un Coronel despiadado. César contará coa axuda dos seus fieis seguidores Rocket, Maurice e Luca, e cos seus novos aliados Simio Malo e a pequena humana Nova. Despois de que os simios sufran perdidas inimaxinables, César comeza a súa cruzada para vingar a súa clase. César e o Coronel enfrontáranse nunha batalla épica que determinará o destino de ambas especies e o  futuro do planeta.

Non olvidemos que ademais foi unha película de Óscar, nominada aos mellores efectos visuais, e unha das que máis recadou en taquilla. Vala perder?

rebobina

Como todos as nosas estreas, terala dispoñible en rebobina, para que a poidas gozar outro día ou as veces que queiras se es un grande admirador desta saga.

Se non queres perder as nosas grandes estreas, xa sabes, contrata televisión R.

Para calquera dúbida, estamos a túa total disposición.

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.