menú

Última tempada de Elementary

08/06/2019
Blog R

O luns 10 de maio, ás 22:00 h estréase a sétima e última tempada de Elementary en Calle 13.

Punto e final

A serie Elementary poñerá punto e final á historia do noso detective favorito, na súa sétima tempada.

Cando a directora, Doherty e o produtor executivo Beverly decidiron rematar a sexta tempada fixérono de forma que puidese funcionar coma final, porque aínda non sabían se habería una tampada máis ou non.

Para alegría de todos, aínda quedan historias que contar que poderemos ver nesta sétima tempada.

Drama de detectives

Esta serie de drama de detectives contará con 13 capítulos de infarto para o remate da serie.

De momento, o único adianto que podemos dar sobre a sinopse da serie é que as novas carreiras de Holmes e Watson como asesores de Scotland Yard se ven interrompidas pola noticia de que un membro do seu círculo interno foi gravemente ferido en Estados Unidos.

Como xa sabes, Holmes, ten algún que outro problema legal neste país e isto ameaza a súa volta a Nova York. O seu maio inemigo espera no horizonte para probar os seus límites… que pasará?

Onde podes vela?

Poderás desfrutar de todos os capítulos desta serie a partir do luns 10 de xuño en Calle 13. Terás esta canle sempre que dispoñas das opción tv series ou tv familia na túa televisión R.

Lembra sintonizar dial 23 para ver o contido. Coma sempre, se perdes algún capítulo teralo dispoñible en rebobina.

Para calquera dúbida estamos á túa disposición a través deste mesmo blog ou nas nosas redes.

Un saúdo.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.