menú

Estrea de “Todos lo saben” en Movistar Estrenos

18/04/2019
Blog R

O sábado 20 abril, ás 22:00 h, estréase en Movistar Series, a película “Todos lo saben“, protagonizada por Penélope Cruz e Javier Bardem.

Todo sobre a película

“Todos lo saben” é un thriller drámatico protagonizado polos Oscarizados Javier Bardem e Penélope Cruz. Trátase do seu cuarto traballo xuntos como cabeza de reparto, tras películas tan coñecidas como “Jamón, Jamón”, entre outras.

Neste filme os dous actores dan vida a Laura e ao seu antigo noivo, Paco. A irmá de Laura casase en España e ela asiste cos seus dous fillos. En Bos Aires queda o seu marido, un home moi querido na cidade por doar diñeiro para diferentes obras.

Nesta voda, Laura encóntrase con Paco, e este reencontro quedará marcado por un doloroso acontecemento que cambiará drasticamente o rumbo das vidas de ambos.

Unha peli de festival

Este thriller obtivo 8 nominacións aos Goya, entre elas mellor película, mellor director, guión orixinal, mellor actor e actriz protagonistas e mellor actor de reparto.

Ademais “Todos lo saben” inaugurou o Festival de Cannes no ano 2018.

Onde a podes ver?

Poderás ver a estrea na canle Movistar Estrenos, dispoñible coa opción á carta da túa televisión R:

  • Galicia: dial 4
  • León e Cantabria: dial 46

rebobina

Recorda que se non podes ver está película na súa emisión normal, grazas a R terala dispoñible no horario que queiras, o día que mellor che veña.

Aproveita esta oportunidade de desfrutar do contido onde e cando ti decidas.

Con calquera dúbida, estamos á túa disposición para o que necesites.

Un saúdo.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.