menú

“The explorers, desde el cielo” en Odisea

08/05/2019
Blog R

“The explorers, desde el cielo” estréase o venres 10 de maio, ás 16:00 h, na canle Odisea, da túa televisión R.

Todo sobre a serie

Hai certos lugares que espertan a imaxinación de calquera nada máis pronuncialos: Polinesia, o Ártico, Honduras… Impulsados, precisamente por este desexo de entender o mundo, mostralo e compartilo, un equipo de exploradores, científicos e expertos en fotografía e cine, viaxan por todo o mundo para recompilar un gran catálogo de animais e plantas.

Unha cámara como a Shotover K1, permite a estes profesionais elaborar un grande inventario aéreo do noso planeta. A beleza destas imaxes debería ser un estímulo para concienciar a sociedades da importancia da preservación do noso patrimonio natural.

Episodios

“The explorers, desde el cielo” conta con 7 episodios nesta tempada:

  • Episodio 1: “Islas Marquesas”. Coa atracción dos acantilados xurdidos dos volcáns das Marquesas.
  • Episodio 2: “Sudáfrica”. Extensións de terra infinita, entre dous océanos, no que destaca a cordilleira de Drakensbergen.
  • Episodio 3: “Honduras”. Viaxar de costa a costa para coñecer os puntos máis descoñecidos deste fermosos país.
  • Episodio 4: “Sociedad y Tuamotu”. Unha paleta de colores, formada polas lagoas, a vexetación e os arrecifes de coral.
  • Episodio 5: “Ártico Canadiense”. Poderás ver a loita dos osos polares pola supervivencia.
  • Episodio 6: “Córcega”. Sobrevoarán Córcega para ver a unión incondicional ente unha paisaxe e un pobo.
  • Episodio 7: “Islas Australes Y Gambier”. Coñecerás os cinco arquipélagos e as 118 illas, seguindo a estela dos primeiros mariñeiros chegados de Asia.
  • Como ver Odisea en R

    Poderás ver a canle sempre que teñas contratada a opción familia. Se aínda non a tes, poderás contratala facendo clic aquí.

    Ademais, deberás sintonizar o seguinte dial:

    • Galicia: dial 54
    • León e Cantabria: dial 56

    Lembra tamén que podes desfrutar deste e doutros contidos da canle, co servizo baixo demanda de rebobina.

    Para calquera dúbida, ponte en contacto con nós a través das nosas canles.

    Un saúdo.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.