menú

Terceira tempada de “Stranger Things” en Netflix

26/06/2019
Blog R

Volvemos á vila de Hawkins para unha terceira entrega da popular serie “Stranger Things”, dispoñible dende o xoves 4 de xullo en Netflix. O Demogorgon ataca de novo na televisión R.

Novos perigos

Comeza un caloroso verán de 1985 en Hawkins, Indiana. Á saída do colexio, abriron un novo centro comercial, no que empeza a traballar Steve. Alí reúnense os mozos da vida e tamén o grupo de amigos, que xa está en plena adolescencia. Os primeiros romances dentro do grupo complican as relacións e terán que atopar a forma de madurar e permanecer unidos.

Mentres tanto, o perigo avecíñase. A cidade é ameazada por vellos inimigos. Once e os seus amigos lembran que o mal nunca termina; evoluciona. Agora, máis que nunca, terán que unirse para sobrevivir e lembrar que a amizade sempre é máis forte que o medo.

 


 

A fórmula do éxito

“Stranger Things” é unha das series máis aclamadas dos últimos anos. A serie combina terror, ciencia ficción e comedia con numerosas alusións ao cine e a música dos anos 80. A historia comeza cando a desaparición dun neno saca á luz un misterio relacionado con experimentos secretos, forzas sobrenaturais aterradoras e a unha nena con poderes extraordinarios. A acción desenvólvese na vila de Hawkins, en Indiana.

Está protagonizada por Winona Ryder, David Harbour, Millie Bobby Brown, Gaten Matarazzo, Caleb McLaughlin, Noah Schnapp, Natalia Dyer, Charlie Heaton e Joe Keery.

Esta tempada, composta por oito episodios, únense ao elenco da serie Jake Busey como reporteiro cunha ética cuestionable e Cary Elwes como o alcalde da cidade.

Onde podes ver a serie?

Na túa televisión R, a través do desco 4K, podes acceder a Netflix e desfrutar de “Stranger Things”.

Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí.

Un saúdo

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.